Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: prestación do servicio de limpeza dos edificios municipais sinalados no anexo do prego de cláusulas.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: varios lugares do termo municipal.

d) Duración do contrato: un ano contado desde o inicio da prestación do servicio prorrogable anualmente sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, exceda de catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Non se sinala prezo do contrato, este debe ser ofertado polos licitadores.

5. Garantías.

Provisional: 1.200 A (199.663 pesetas).

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario de 9 a 14 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución, 1, San Cibrao das Viñas. Teléfono: 988 38 10 34; fax: 988 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate de prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: ata o décimo quinto (15) día natural contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG de 9 a 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte os modelos que se establecen no dito prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da casa do concello.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do expediente.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 4 de febreiro de 2002.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa