Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 51/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do

disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

2. Obxecto do contrato: expediente 51/2001.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de material de uso cirúrxico para o CHUS.

c) Lotes:

Lote 1: Kit de cemento cirúrxico con xentamicina.

Lote 2: Kit de monitorización de 1 vía (cables sen cargo).

Lote 3: Soporte esternal.

Lote 4: Esfinterotomo (varios modelos).

Lote 5: Set de infusión para transplante hepático.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 152, do 7 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 201.789,81 (33.575.000 pesetas).

5. Adxudicación:

LoteDataContratistaNacionalidadeImporte adxudicación

UnitarioTotal

126-11-2001Acuña y Fombona, S.A.Española180,30 (30.000 ptas.)40.568,32 (6.750.000 ptas.)

226-11-2001Edwards Lifesciences, S.L.Española5,86 (975 ptas.)32.961,76 (5.484.375 ptas.)

326-11-2001Deserto

426-11-2001Boston Scientific Ibérica, S.A.Española96,46 (16.050 ptas.)11.961,34 (1.990.200 ptas.)

526-11-2001Palex Medical, S.A.Española601,01 (100.000 ptas.)58.899,19 (9.800.000 ptas.)

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución que pon fin á vía administrativa; poderá ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta reso

lución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela