Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 48/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

2. Obxecto do contrato: expediente 48/2001.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de electrodos para o CHUS.

c) Lotes:

Lote 1: Electrodo ECG desbotable adultos.

Lote 2: Electrodo ECG desbotable pediátrico.

Lote 3: Electrodo ECG desbotable de pinza de crocodilo (cables sen cargo).

Lote 4: nº de orde 1: Electrodo ECG para probas de esforzo.

Nº de orde 2: Electrodo ECG para Holter.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 151, do 6 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 57.860,94 (9.627.250 pesetas).

5. Adxudicación:

LoteDataContratistaNacionalidadeImporte adxudicación

UnitarioTotal

130-10-2001Izasa, S.A.Española0,075127 (12,50 ptas.)28.172,4 (4.687.500 ptas.)

230-10-2001Izasa, S.A.Española0,081137 (13,50 ptas.)1.987,85 (330.750 ptas.)

330-10-2001Medicotest España, S.L.Española0,039 (6,50 ptas.)2.925.000 ptas.

4.130-10-2001Medicotest España, S.L.Española0,168 (28 ptas.)840.000 ptas.

4.230-10-2001Medicotest España, S.L.Española0,168 (28 ptas.)420.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución que pon fin á vía administrativa; poderá ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela