Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 17/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

2. Obxecto do contrato: expediente 17/2001.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: servicio de transporte de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela ós centros de saúde da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, no que prestan a súa actividade asistencial, e de material sanitario que non precise condicións especiais de traslado.

c) Lotes:

Lote 1: servicio de transporte da área sanitaria de Arzúa.

Lote 2: servicio de transporte da área sanitaria de Lalín.

Lote 3: servicio de transporte da área sanitaria de Boiro.

Lote 4: servicio de transporte da área sanitaria da Pobra do Caramiñal.

Lote 5: servicio de transporte da área sanitaria de Noia.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 173, do 6 de setembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.554.000 pesetas (51.410,58 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 5-11-2001.

b) Contratista:

Lote 1: José Ramón Abel Suárez.

Lote 2: Francisco Franco García.

Lote 3: deserto.

Lote 4: José Alonso Martínez.

Lote 5: deserto.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación:

Lote 1: importe adxudicado: 873.000 pesetas.

Lote 2: importe adxudicado: 2.535.000 pesetas.

Lote 4: importe adxudicado: 1.115.500 pesetas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución, que pon fin á vía administrativa, e pode ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade con disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela