Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de incendios OU 235/2001 IN e cinco máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta Lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes das sancións indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta contable 840, código 001,

clave 390072, de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 14 de xaneiro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expediente

Nº/Ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción pesetas

OU 235/2001 INFlorencio Nieto López

33990699

R/ Valdivia, 99

06700 Villanueva de la Serrena

(Badaxoz)

Abandono de vehículo

M-9519-DT

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

50.000 ptas.

OU 377/2001 INManuel Sergio Sueiro Casado

78877199-X

R/ República Argentina, 59, 2º D

09200 Miranda de Ebro (Burgos)

Abandono de vehículo

M-3438-KX

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

50.000 ptas.

OU 388/2001 INJulio Lorenzo Cruces

34419870

R/ Ramón Otero Pedrayo nº 21

32004 Ourense

Abandono de vehículo

OR-2980-G

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

50.000 ptas.

OU 394/2001 INMª Cielo Pilar dos Anjos Ángela

44446765

A Cuña de Arriba nº 71

35005 Ourense

Abandono de vehículo

GE-9487-B

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

50.000 ptas.

OU 395/2001 INÁngel Luis Suances Pereiro

34519785

R/ Lagoas, esc. Faílde bx. P-1

32004 Ourense

Abandono de vehículo

OR-4450-C

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

50.000 ptas.

OU 412/2001 INC. Recasa, S.A.

A-32012619

Avda. Estación nº 45

32001 Ourense

Abandono de vehículo

OR-4605-A

Art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN300,51 euros

50.000 ptas.