Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.082

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (434/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o nº 434/2001 por instancia de Iria Uzal Moscoso, contra empresa Confecciones Otero Pedrayo, S.C.L. e Fogasa sobre cantidade, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, 14 de xaneiro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 434/2001 seguidos por instancia de Iria Uzal Moscoso, maior de idade, asistida polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa Confecciones Otero Pedrayo, S.C.L., sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola demandante Iria Uzal Moscoso contra a empresa Confecciones Otero Pedrayo, S.C.L., condenando a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 138.353 pesetas polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncio, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Confecciones Otero Pedrayo, S.C.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu

enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, 14 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado