Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.082

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (912/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber que nos autos número 912/2001 seguidos por instancia de María José Collazo Pampín contra Centro de Formación y A. Profesional M. Vázquez e outro, sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 9-1-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por María José Collazo Pampín contra a empresa Centro de Formación y A. Profesional M. Vázquez e Luis Soto Vázquez, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, condenando a empresa Centro de Formación y A. Profesional M. Vázquez a que, no prazo de cinco días, opte pola readmisión da demandante no seu posto de traballo, ou a indemnice na suma de 50,08 euros, máis os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (23-10-2001), ata a da notificación da presente resolución, a razón de 20,03 euros diarios, coa absolución de Luis Soto Vázquez.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no

Banco Bilbao Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Centro de Formación y A. Profesional M. Vázquez e Luis Soto Vázquez que tiveron o seu último enderezo coñecido en rúa Mestre Mateo, 4 baixo, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 24 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado