Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.083

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (466/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 466/2000 seguidos por instancia de Manuel José Torrado Dourado contra Malpica Coruña, S.L. e outros sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 25-1-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que desestimando a excepción de incompetencia de xurisdicción, condeno as demandadas Malpica Coruña, S.L., Tigra Limited, Juan Ramón García Otero, Mª Elisa Souto Romay, Antoni Queijo Martínez e Mª Josefa Torrado Dourado a que de forma solidaria lle aboen ó demandate Manuel José Torrado Dourado, a cantidade de 5.070,50 euros.

Notifíqueselle esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cindo días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 466-2000 do BBVA desta cidade, denominada «Conta do Xulgado do Social número tres» o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva

de notificación en forma á empresa Tigra Limited, expido e asino esta cédula na Coruña o 25 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA