Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.081

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

EDICTO (9/2000).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentencia nº 237.

En Ferrol o dezaoito de decembro de dous mil un.

Jesús Souto Herreros, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Ferrol e o seu partido, viron estes autos de xuízo de menor contía nº 9/2000, seguidos por instancia de María Soledad Ríos Graña, en representación da súa filla, menor de idade, Martina Cevaal Ríos, representada pola procuradora Sra. García García e coa dirección da letrada Sra. Rico Infante, contra Johannes-Louweens Cevaal, en rebeldía, intervindo así mesmo o represantante do Ministerio Fiscal.

Resolvo que estimo integramente a demanda formulada por María Soledad Ríos Graña, en representación da súa filla menor de idade Martina Ceeval Ríos, representada pola procuradora Sra. García García e coa dirección da letrada Sra. Rico Infante, contra Johannes-Louweens Cevaal, en rebeldía, intervindo así mesmo o representante do Ministerio Fiscal, e na súa virtude:

a) Declaro que Martina Cevaal Ríos non é filla do demandado Johannes-Louweens Cevaal, e

b) Condeno o demandado a que aboee as custas causadas neste procedemento, se as houber.

Unha vez que sexa firme esta resolución, deberase comunicar ó Rexistro Civil de Ferrol, onde consta o nacemento de Martina Cevaal Ríos (acaecido o 9-2-1996) e inscrita no tomo, non consta, páxina 315, da sección 1ª, para os fins de rectificación da filiación.

Así por esta miña sentencia, que non é firme e contra a que se pode preparar recurso de apelación no prazo de cinco días perante este xulgado de primeira instancia, da que se levará testemuño ás actuacións orixinais, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Johannes-Louweens Cevaal, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ferrol, vintecinco de xaneiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE NOIA