Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LÁNCARA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 10 de febreiro de 2002, acordou aproba-lo proxecto de modificación das normas subsidiarias de planeamento A Veiga, A Pobra de San Xiao-Láncara, promovido por José García Paredes en representación de Serge Lucense, S.A., e redactado polos arquitectos

José Doncel Cerviño e Roberto López Piñeiro, procedéndose en consecuencia a somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias municipais das 10 ás 13 horas, presentando as alegacións que coiden convenientes.

Láncara, 10 de febreiro de 2002.

Eladio Capón López

Alcalde