Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 20-12-2001 acordou:

1. Aprobar con carácter inicial o estudio de detalle da UA 70 delimitada no PXOU promovido polo propietario dos terreos da unidade e redactado polo arquitecto Alfredo González Prieto, que ten por obxecto a definición de aliñacións e rasantes e a ordenación dos volumes, realizándose no documento un reaxuste na delimitación do ámbito, de conformidade co previsto no artigo 50.4º da Lei do solo de Galicia.

2. Someter a información pública o documento inicialmente aprobado polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

3. Someter a información pública a solicitude de determinación do sistema de cooperación para o desenvolvemento da unidade polo prazo de vinte días.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Culleredo, 8 de xaneiro de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo