Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de cabo da policía local.

A Comisión de Goberno do Concello de Culleredo (A Coruña), na súa sesión do 20 de decembro de 2001, aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso de méritos, dunha praza vacante da escala de administración especial, subescala servicios especiais, denominación cabo da policía local.

No BOP nº 3, do 4 de xaneiro de 2002, publicáronse integramente as bases da convocatoria que rexerán a provisión do dito posto.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Culleredo, 7 de xaneiro de 2002.

P.D. (Resolución Alcaldía 22-10-1999,

BOP do 13 de novembro)

Alicia Ferreiro Varela

Concelleira de Persoal, Réxime Interior

e Seguridade Cidadá