Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente por decreto da Alcaldía, do 13 de febreiro de 2002, o Plan parcial do parque empresarial de Matela, promovido por Xestur Lugo, de acordo co disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá examinarse nas oficinas municipais nas horas de oficina, e formularse, se é o caso, as alegacións que se consideren procedentes, que deberán ir dirixidas ó alcalde.

Outeiro de Rei, 13 de febreiro de 2002.

José Pardo Lombao

Alcalde