Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, propostas de resolución dos expedientes sancionadores VP-C 20/2001 e VP-C 53/2001.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores, cos números que se indican, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente dos beneficiarios, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Pola dita infracción, a instructora dos expedientes propón a sanción de multa de 601,02 euros (100.001 pesetas) a cada un dos expedientes, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, dáse traslado ós interesados concedéndolles un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que consideren pertinentes. As presentes propostas de resolución non son susceptibles de recurso.

E para que conste e lles sirva de notificación os interesados, de enderezos descoñecidos, en cumpri

mento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 24 de xaneiro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: VP-C 20/2001.

Susana Freire Miramontes.

Rúa París, 23, portal F-1º C.

R.6.2. (polígono das Fontiñas).

Santiago de Compostela.

Expediente: VP-C 53/2001.

Antonio Barreiro Gómez.

Rúa Estocolmo, 10-baixo.

R.8.5. (polígono das Fontiñas).

Santiago de Compostela.