Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2002 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, en virtude das facultades que ten conferidas de conformidade co artigo 9 dos estatutos da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, aprobados polo Decreto 125/1996, do 7 de marzo, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

1. Consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción de ampliación e mellora dos bombeos e impulsións de Arteixo, Bens e Sabón (concello de Arteixo).

Adxudicatario: Ingenierías Medioambientales y de Recuperación, S.A.

Orzamento: 64.270,04 A.

2. Consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción de ampliación e mellora dos bombeos do Temple e Ponte de Cela e novas impulsións (concello de Cambre).

Adxudicatario: Ingenierías Medioambientales y de Recuperación, S.A.

Orzamento: 27.485,28 A.

3. Consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción de ampliación e mellora dos bombeos e impulsións de Acea da Ma e O Portazgo (concello de Culleredo).

Adxudicatario: Ingenierías Medioambientales y de Recuperación, S.A.

Orzamento: 35.679,89 A.

4. Consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción de ampliación e mellora dos bombeos e impulsións de Bastiagueiro, Santa Cruz e A Pasaxe (concello de Olerios).

Adxudicatario: Ingenierías Medioambientales y de Recuperación, S.A.

Orzamento: 45.374,44 A.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2002.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos