Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para proceder á contratación con carácter de contrato administrativo especial dos servicios de cafetería, perruquería e podoloxía en centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais.

Esta delegación provincial de Asuntos Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para proceder á contratación con carácter de contrato administrativo especial dos servicios de cafetería, perruquería e podoloxía en centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: delegación provincial de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: 20/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicios de cafetería, perruquería e podoloxía.

b) Número de servicios e lugar en que están instalados:

* Servicio de cafetería:

Casa do Mar de Vilagarcía de Arousa, sita na avda. da Mariña, 23, de Vilagarcía de Arousa.

Centro Social de Rivera Atienza, sito en Martínez Garrido, s/n, de Vigo.

Centro Social de Teis, sito en avda. Buenos Aires, 14, de Vigo.

Centro Social de Vilagarcía, sito en Rosalía de Castro, 24, de Vilagarcía de Arousa.

Fogar da 3ª Idade de Vigo, sito en Pi i Margall, 84, de Vigo.

Residencia da 3ª Idade da Estrada, sita na praza Martínez Anido, 3, da Estrada.

* Servicio de perruquería:

Perruquería mixta na Residencia da 3ª Idade da Estrada, sita na praza Martínez Anido, 3, da Estrada.

Perruquería de cabaleiros no Fogar da 3ª Idade de Vigo, sito en Pi i Margall, 84, de Vigo.

Perruquería mixta no Centro Social do Porriño, sito en Pío XII, s/n, do Porriño.

Perruquería mixta na Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo, Monte Areeiro, s/n, O Meixoeiro, de Vigo.

* Servicio de podoloxía:

Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo, Monte Areeiro, s/n, O Meixoeiro, de Vigo.

c) Prazo de execución: 1 ano, prorrogable por períodos anuais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: procedemento aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: o canon mínimo de explotación:

Servicio de cafetería: 180 A anuais.

Servicio de perruquería: 140 A anuais.

Servicio de podoloxía: 180 A anuais.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra, na avda. Cánovas del Castillo, s/n, de Vigo.

b) Teléfono: 986 81 72 12 e 986 81 72 13.

c) Fax: 986 81 72 01.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas. Tódolos días laborables excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: solvencia económica, financeira e técnica. Os licitadores acreditarana en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 10 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada no punto 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro da delegación provincial de Asuntos Sociais na avda. Cánovas del Castillo, s/n, código postal 36202. Tamén poden

enviarse por correo na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Asuntos Sociais de Pontevedra.

b) Enderezo: avda. Cánovas del Castillo, s/n, de Vigo.

c) Data: décimo terceiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas.

d) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 29 de xaneiro de 2002.

P.D. (Orde 19-12-2001)

Lucía Molares Pérez

Delegada provincial de Asuntos Sociais