Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 39/2001.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador, co número que se indica, por omiti-lo visado do Instituvo Galego da Vivenda e Solo no contrato de compra venda da vivenda, causa prevista no artigo 6.F. da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Pola dita infracción, a instructora do expediente propón a sanción de multa de 3.005,07 euros (500.001 pesetas).

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, dáse traslado ó interesado concedéndolle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes. A presente proposta de resolución non é susceptible de recurso.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 24 de xaneiro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: VP-C 39/2001.

Amable Rivas Cupeiro.

Rúa Pintor Bello Piñeiro, 40-42.

Esquina Fontaíña.

Edificio Bello Piñeiro, portal 2-1º D.

Ferrol.