Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.016

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de xaneiro de 2002 pola que se anuncia a realización de probas de avaliación de ensinanzas non escolarizadas para a obtención do título de formación profesional de primeiro grao (técnico/a auxiliar).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 31, do martes 12 de febreiro de 2002, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 1.651, segunda columna, disposición segunda, onde di: «As probas de cada unha das dúas convocatorias ordinarias correspondentes ó ano 2002 comezarán os días 9 de maio e 7 de novembro respectivamente...», debe dicir: «As probas de cada unha das dúas convocatorias ordinarias correspondentes ó ano 2002 comezarán os días 7 de maio e 7 de novembro respectivamente».