Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.014

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 25 de xaneiro de 2002 pola que se crean determinados ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde.

A Constitución española no seu artigo 18.4º dispón que a lei limitará o uso da informática para garanti-lo honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.

Neste sentido, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, regula o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, así como o uso posterior destes datos polos sectores público e privado.

A finalidade desta regulación é protexe-los dereitos fundamentais das persoas físicas e especialmente o seu honor e intimidade, tanto persoal como familiar.

No seu artigo 20.1º disponse que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto a creación dos ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Sanidade e no Servicio Galego de Saúde que se relacionan no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información que, de acordo co artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, se esixe para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde, en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e usos dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde, creados pola presente orde só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e polo persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que se ater ó disposto na normativa vixente respecto desta materia.

Artigo 5º.-Órgano responsable da seguridade dos ficheiros.

Será responsable da seguridade dos ficheiros o Servicio de Informática da Área Administrativa, dependente da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde.

Artigo 6º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade dos ficheiros, e en función do nivel en que estes se clasifican, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

1. Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal.

a) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Soporte para o exercicio das funcións competencia da Consellería de Sanidade/Sergas na xestión das análises e interpretación, difusión e recomendacións dos test auditivos realizados a tódolos acabados de nacer antes de abandona-lo hospital, proporcionando información para a investigación médica e elaboración de estatísticas e indicadores que faciliten unha mellor ordenación e planificación sanitaria.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Acabados de nacer.

c) Procedemento de recollida de datos.

Formulario.

d) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

e) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter persoal.

-Nome e apelidos do neno e da nai.

-Concello.

-Sexo.

b) Datos de saúde.

-Datos relativos á enfermidade.

f) Cesións e transferencias previstas.

Ningunha.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Saúde Pública.

h) Servicios ou unidades ante os que se poderán

exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Saúde Pública.

i) Nivel de seguridade.

Alto.

2. Programa galego para a prevención do cancro de mama.

a) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Soporte para o exercicio das funcións competencia da Consellería de Sanidade/Sergas na xestión do programa destinado á realización das probas necesarias para a detección e diagnóstico do cancro de mama, proporcionando información para a investigación médica e elaboración de estatísticas e indicadores que faciliten unha mellor ordenación e planificación sanitaria.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Mulleres entre os 50 e 64 anos.

c) Procedemento de recollida de datos.

Formulario.

d) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

e) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter persoal.

-Nome e apelidos.

-Enderezo.

-Sexo.

b) Datos de saúde.

-Datos relativos á saúde.

f) Cesións e transferencias previstas.

Ningunha.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Saúde Pública.

h) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Saúde Pública.

i) Nivel de seguridade.

Alto.

3. Carné de manipulador de alimentos.

a) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Soporte para o exercicio das funcións competencia da Consellería de Sanidade/Sergas na xestión do carné

de manipulador de alimentos, proporcionando información para a investigación médica e elaboración de estatísticas e indicadores que faciliten unha mellor ordenación e planificación sanitaria.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Persoas que queiran obte-lo carné de manipulador de alimentos. Instructores.

c) Procedemento de recollida de datos.

Solicitudes.

d) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

e) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter persoal.

-Nome e apelidos.

-Data de nacemento.

-Enderezo.

b) Datos de carácter identificativo.

-NIF.

c) Outros datos.

-Nome e apelidos do instructor.

-Datos de centros, actividade e zona veterinaria.

f) Cesións/transferencias previstas.

Ningunha.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Saúde Pública.

h) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Saúde Pública.

i) Nivel de seguridade.

Baixo.

4. Rexistro de tumores.

a) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Soporte para o exercicio das funcións competencia da Consellería de Sanidade/Sergas no coñecemento da incidencia de tumores na nosa comunidade, a súa distribución xeográfica e a súa evolución no tempo. Facilita-la optimización das actividades relacionadas co tratamento dos casos de tumores que se presentan dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, proporcionando información para a investigación médica e elaboración de estatísticas e indicadores que faciliten unha mellor ordenación e planificación sanitaria.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Pacientes ós que se lles detecte algún tipo de tumor.

c) Procedemento de recollida de datos.

Formulario.

d) Estructura básica do ficheiro.

Base de datos.

e) Tipo de datos incluídos no ficheiro.

a) Datos de carácter persoal.

-Nome e apelidos do enfermo.

-Domicilio.

-Sexo.

b) Datos de carácter identificativo.

-DNI.

c) Datos de saúde.

-Datos relativos á enfermidade.

f) Cesións e transferencias previstas.

Ningunha.

g) Órgano responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Saúde Pública.

h) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Dirección Xeral de Saúde Pública.

i) Nivel de seguridade.

Alto.