Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da U.A. 8 Grades (expediente 4348/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28 de xaneiro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle da U.A. 8-Grades (San Miguel de Oia), promovido polas entidades mercantís Lanzamar, S.A. e Promociones Vital Vigo, S.L., na súa versión definitiva, redactado polos arquitectos José Luis Pereiro Alonso, Alberto Cameselle Lago, Borja Ramilo Méndez e Pedro de la Puente Crespo, visado polo COAG no 6-9-2001 e 25-9-2001 (expediente 4348/411).

Segundo.-Estimar parcialmente a alegación presentada durante o trámite de información pública por José Luis Milego Fernández, como presidente da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia, no sentido e polos motivos que se recollen na parte expositiva deste acordo.

Terceiro.-O sistema de execución deste ámbito será o de compensación, regulado nos artigos 133 e ss. da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Cuarto.-A propiedade do ámbito deberá asumi-lo mantemento dos novos espacios libres e verdes cedidos ó concello. A tal fin, os predios resultantes do proxecto de compensación quedarán afectos, na cota de participación correspondente, á carga real de conservación dos ditos espacios libres e zonas verdes de nova creación. Haberá tamén de constituírse unha entidade urbanística de conservación.

Quinto.-Notifíquese o contido íntegro deste acordo ás entidades promotoras, ó alegante e demais interesados polo mesmo, na forma legalmente prevista, coa advertencia de que contra el cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses. Publíquese este acordo no DOG e no BOP. Comuníqueselle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia nos termos regulados no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 8 de febreiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo