Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da unidade de execución industrial II-04 Santo André de Comesaña (expediente 4139/401).

Na asemblea do 12 de decembro de 2001, da xunta de compensación da U.E. ind. II-04 Santo André de Comesaña, no seu punto terceiro da orde do día, aprobouse inicialmente o proxecto de compensación por unanimidade, para uso industrial, situado en Ricardo Mella, proxecto que é asinado en catro exemplares polos comparecentes, nas súas follas finais. Este proxecto de compensación adáptase xa ó estudio de detalle modificado aprobado definitivamente polo Concello de Vigo en xuño do ano 2000.

De conformidade co disposto nos artigos 133.8º e 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, procede somete-lo expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e notificación individualizada ós directamente interesados, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se estimen convenientes.

O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de información da Xerencia Muni

cipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

Vigo, 22 de xaneiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo