Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria supletoria celebrada o día 6-2-2002, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente, por instancia de Mahía Inmobiliaria, S.L., o Plan parcial no ámbito do SAUR-2 (subsector-1 As Galanas-Calo).

Con base no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o expediente exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que estimen oportunas.

Teo, 7 de febreiro de 2002.

Armando Blanco Martínez

Alcalde