Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual das determinacións do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) para o desenvolvemento do SUNP-1 (Meixonfrío-I), SUNP-5 (A Muíña), SUNP-14 (Tras O Paxonal) e SUNP-22 (Castro de Abaixo).

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 6 de novembro de 2001, aprobou definitivamente a modificación puntual das determinacións do vixente Plan xeral de ordenación urbana (PXOU) para o desenvolvemento do SUNP-1 (Meixonfrío-I), SUNP-5 (A Muíña), SUNP-14 (Tras O Paxonal) e SUNP-22 (Castro de Abaixo), redactada polos servicios técnicos municipais.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 25 o día 30 de xaneiro de 2002 o texto íntegro da normativa, obxecto de modificación.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo

de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo