Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2002 pola que se resolve a convocatoria do concurso específico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes na corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 14 de decembro de 2001.

De conformidade co establecido nas bases da convocatoria do concurso específico entre funcionarios para prover postos de traballo vacantes nesta corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 14-12-2001, cómpre resolve-lo devandito concurso e, por proposta das respectivas comisións de valoración nomeadas para o efecto, designa-los funcionarios que figuran a seguir para cubri-los postos que así mesmo se indican:

Posto de traballoAdscriciónApelidos e nome. DNI

Xefe de secciónServicio de Xestión de PersoalLópez Pérez, María José

32768205-J

Conductor PresidenciaParque móbilVázquez Tizón, Jaime

32388937-S

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a presidencia desta deputación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou directamente interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados tamén a partir do día seguinte ó da devandita publicación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o disposto no artigo 46.1º, en relación co 8.1º da Lei 29/1998, reguladora

da xurisdicción, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente por parte dos interesados.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña