Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

EDICTO.

Por resolución da Alcaldía do día 16 de xaneiro de 2002, o alcalde aprobou inicialmente o estudio de detalle que se concreta no lugar de Algaria, predio nº 209 do Plan de concentración parcelaria de San Xulián de Bastavales, nas proximidades da aldea de San Salvador, confeccionado polo arquitecto Roberto Lamas Díaz, do que son promotores Alejandro Sobrino Cerdeiriña e Julia San Martín del Barrio.

O que se fai público en cumprimento do artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste edicto no DOG, para exame e coñecemento de tódolos posibles afectados e formulacións de alegacións, se fora o caso.

Brión, 16 de xaneiro de 2002.

José Luis García García

Alcalde