Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

Asunto: admisión a trámite e inicio do período de información pública do proxecto de compensación do polígono F12.02 lugar de Someso II.

A Alcaldía Presidencia, con data 5 de febreiro de 2001, dictou a seguinte resolución:

«1. Incoar expediente para a aprobación do proxecto de compensación do polígono F12.02 lugar de Someso II.

2. Publicar no Diario Oficial de Galicia anuncio que dá inicio ó período de información pública durante o prazo de 20 días para os efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1093/1997, en relación co artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia».

O que se fai público para xeral coñecemento para os efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, polo que se aproban as normas complementarias ó Reglamento para a execución da Lei hipotecaria sobre inscrición no Rexistro da Propiedade de Actos de Natureza Urbanística, en relación co artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os interesados de que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña, 18, entre as 12 e as 13.30 horas, de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación do acordo que se cita, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 5 de febreiro de 2002.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda