Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002 pola que se fan aclaracións á corrección de erros publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de febreiro de 2002 en relación coa do 28 de xaneiro de 2002 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia.

Ás empresas interesadas no concurso infórmase de que o prazo de presentación das proposicións se amplía ata o vindeiro día 21 de febreiro e a apertura das ofertas económicas será o sexto día hábil seguinte, é dicir, o vindeiro día 28 de febreiro, ás 12 horas.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2002.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística