Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de xaneiro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimento do pagamento P-055/01 ó debedor en réxime de compravenda que se cita, devolto polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), e de conformidade co establecido nos artigos 1091, 1124, 1501 e 1504 do Código civil e cláusula IV da escritura de compravenda, notifícaselle ó interesado cos datos e derradeiro enderezo coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relaciona, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda, os posteriores vencementos que resulten impagados e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó corrente das súas obrigas, ou compareza na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que considere convenientes no seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 21 de xaneiro de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/520 (expte. desaf.: P-055/01).

Cta.: 18.

Nome: Joaquina Cameselle Bernárdez.

Derradeiro enderezo coñecido: r/ Torrecedeira, 74, 4º C, Vigo.

Impago débeda: 5.132,48 A.