Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCION do 18 de febreiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a realización das obras de construcción dun novo edificio para sede dos xulgados de Carballo (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Conselleria de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras para a construcción dun novo edificio para sede dos xulgados de Carballo (A Coruña).

b) Lugar de execución: Carballo (A Coruña).

c) Prazo de execución: doce meses contados desde a data da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 990.191, 02 A, IVE incluído.

Ano 2002: 565.823,44 A.

Ano 2003: 424.367,58 A.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información

a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela.

b) Tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion.

As copias da documentación e o proxecto soamente se poderán recoller, mediante o aboamento do seu importe, en Tórculo Artes Gráficas, S.A.L., praza de Mazarelos, 14, baixo, 17704, Santiago de Compostela, teléfono: 981 58 54 55, fax: 981 55 20 61.

c) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2 e 4, categoría e.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: haberá que se ater ó disposto no punto 2.2.5.2. apartado 7 do prego de cláusulas administrativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, xala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o décimo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das

proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais