Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos servicios de vixilancia nos lugares de atracada das embarcacións do Servicio de Inspección e Vixiliancia Pesqueira e da nave almacén de Portonovo, da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta dirección xeral acordou publica-la adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Pesca e Protección de Recursos.

Número de expediente:

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: servicio de vixilancia nos lugares de atracada das embarcacións de inspección e vixilancia pesqueira e da nave almacén de Portonovo (Pontevedra).

Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 236, do 7-12-2001.

3. Tramitación, procedemento o forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 510.860,29 euros.

5. Adxudicación.

Data: 20-12-2001.

Contratista: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: 508.836,12 euros.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2002.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS