Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto con tramitación urxente e como gasto anticipado para a contratación do servicio de vixilancia nos centros: I.P.M.P. de Vigo, E.O.N.P. de Ferrol, E.O.N.P. de Ribeira e Igafa da Illa de Arousa para 2002.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta dirección xeral acordou publica-la adxudicación do contrato seguinte:

Servicio de vixilancia nos centros: I.P.M.P. de Vigo, E.O.N.P. de Ferrol, E.O.N.P. de Ribeira e Igafa da Illa de Arousa para 2002.

-Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

Número de expediente: 2002 12 000014.

-Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: servicio de vixilancia nos centros: I.P.M.P. de Vigo, E.O.N.P. de Ferrol, E.O.N.P. de Ribeira e Igafa da Illa de Arousa para 2002.

Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 238, do 11-12-2001.

-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente (expediente anticipado de gasto).

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

-Orzamento base de licitación.

Importe total: 198.333,99 euros (33.000.000 de pesetas).

-Adxudicación:

Data: 23-1-2002.

Contratista: Serramar Vigilancia y Seguridad S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: 173.091,49 euros (28.800.000 pesetas).

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2002.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento

Pesqueiro