Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 1.973

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 45/2002, do 8 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

O Decreto 306/2001, do 15 de decembro (DOG nº 242, do 17 de decembro), estableceu a estructura orgánica da Xunta de Galicia, considerando separadamente a Consellería de Sanidade e a Consellería de Asuntos Sociais; esta última é de nova creación.

O Decreto 310/2001, do 17 de decembro (DOG nº 243, do 18 de decembro), procedeu a fixa-la estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e sinala no seu artigo 8, B) a adscrición do Servicio Galego de Saúde (Sergas), como organismo autónomo de carácter administrativo, á Consellería de Sanidade.

No mesmo Decreto 310/2001 determínase que o Sergas contará cos seguintes órganos superiores:1. Secretaría Xeral. 2. División de Asistencia Sanitaria. 3. División de Recursos Económicos. 4. División de Recursos Humanos. 5. División de Farmacia e Productos Sanitarios.

A transcendencia deste organismo ó que se lle encomenda a xestión da maior parte da sanidade pública galega, adscrito á Consellería de Sanidade, e a importancia do servicio que presta, fan necesario delimitar con claridade as súas competencias respecto da Consellería de Sanidade, polo que os cambios producidos nesta última teñen repercusión tamén no organismo autónomo ó que estamos a facer referencia.

O cambio de estructura operado no Goberno galego polo Decreto 306/2001 antes citado, implica tamén efectua-los pertinentes trocos estructurais na Consellería de Sanidade e os necesarios no funcionamento do organismo autónomo vinculado a esta; aproveitando a experiencia acumulada nos anos de funcionamento, e delimitando as funcións das distintas divisións, subdireccións e servicios que o conforman, co fin de mellora-la calidade do servicio prestado e a eficacia e eficiencia na organización, como principios rectores legalmente determinados.

Respectando o establecido no artigo 8 do Decreto 310/2001, do 17 de decembro, o Servicio Galego de Saúde estructúrase do seguinte xeito:

1. Órganos de superior dirección e xestión: Consello de Administración e presidente.

2. Órganos de dirección e xestión propiamente ditos: Secretaría Xeral; División de Asistencia Sanitaria; División de Recursos Económicos; División de Recursos Humanos; División de Farmacia e Productos Sanitarios.

Por outra banda, facíase necesario unifica-la normativa existente respecto da organización e funcionamento do Servicio Galego de Saúde, contida basicamente nos decretos 119/1994, do 16 de xuño (que contiña os órganos periféricos) e 49/1998, do 5 de febreiro (que contiña a regulación dos órganos centrais), que pola súa vez deron resposta no seu momento ás esixencias organizativas e estructurais do Goberno galego, como ocorre no caso presente logo da promulgación dos decretos de estructura citados anteriormente.

Por iso, este presente decreto divídese en dous capítulos: o primeiro dedicado ós servicios centrais, e o segundo dedicado ós órganos periféricos do organismo autónomo, agrupando nunha soa norma a regulación de ámbolos dous ámbitos de actuación.

Polo tanto, en virtude do disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro (LG 1983, 451) reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 22 de outubro (LG 1988, 217), por proposta do conselleiro de Sanidade, cos informes previos das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Capítulo I

Servicios centrais

Artigo 1º.-Do Servicio Galego de Saúde.

1. O Servicio Galego de Saúde, para o exercicio das súas competencias e o cumprimento dos fins que lle están encomendados pola Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, pola que se crea, modificada pola Lei 8/1991, do 23 de xullo, contará nos seus servicios centrais coa estructura que se establece neste decreto.

2. O Servicio Galego de Saúde, para o cumprimento das súas funcións, estructúrase nos seus servicios centrais nos seguintes órganos e unidades:

2.1. De superior dirección e xestión:

-O Consello de Administración.

-O presidente.

2.2. De dirección e xestión:

-A Secretaría Xeral.

-A División de Asistencia Sanitaria.

-A División de Recursos Económicos.

-A División de Recursos Humanos.

-A División de Farmacia e Productos Sanitarios.

Artigo 2º.-O Consello de Administración.

1. O Consello de Administración estará integrado polos seguintes membros:

a) O conselleiro de Sanidade, que será o seu presidente.

b) O secretario xeral do Sergas, que será o vicepresidente.

c) O secretario xeral da Consellería de Sanidade e os directores xerais da Consellería e das divisións do Sergas.

d) Os delegados provinciais da Consellería de Sanidade e os directores provinciais do Sergas.

e) Tres representantes da Administración da Comunidade Autónoma nomeados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro de Sanidade.

f) Dous representantes das corporación locais designados na forma que se establece no Decreto 255/1992, do 10 de setembro.

Actuará como secretario do Consello de Administración, con voz pero sen voto, un funcionario do Servicio Galego de Saúde nomeado polo conselleiro de Sanidade.

2. O Consello de Administración, como órgano colexiado de superior dirección e xestión do Servicio Galego de Saúde, terá as funcións expresadas no artigo 6.2º da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, reformada pola Lei 8/1991, do 23 de xullo.

3. O Consello de Administración funcionará sempre en pleno e reunirase, como mínimo, unha vez ó ano e sempre que sexa convocado polo seu presidente ou por solicitude dun tercio dos seus membros.

4. O presidente, cando así o considere oportuno, poderá convocar ás sesións do consello, con voz pero sen voto, asesores técnicos ou persoas representantes de organismos se considera de interese a súa presencia.

Artigo 3º.-O presidente.

1. O conselleiro de Sanidade, como superior autoridade e máximo responsable da consellería, é ademais de presidente do Consello de Administración do Servicio Galego de Saúde, o presidente deste, e como tal correspóndelle:

a) Te-la representación legal do organismo.

b) Asina-los convenios en nome do organismo e actuar como órgano de contratación.

c) Dispoñe-los gastos e propoñe-la ordenación dos pagamentos do organismo.

d) Exerce-la xefatura superior do persoal adscrito ó organismo.

e) A execución dos acordos do Consello de Administración con carácter xeral.

f) Presentarlle ó Consello de Administración a memoria anual de actividades do organismo.

g) A dirección e xestión de tódalas actividades do organismo relacionadas coas funcións encomendadas a este polas disposicións legais que o rexen, sen prexuízo das facultades e competencias do Consello de Administración e da Consellería de Sanidade.

h) Elevar ó Consello de Administración o anteproxecto de orzamento do organismo.

i) Resolve-los conflictos de atribucións que xurdan entre as autoridades dependentes do organismo.

2. O presidente poderá delegar no secretario xeral, nos directores xerais, nos directores provinciais, nos xerentes de atención primaria e atención especializada e noutros órganos centrais ou periféricos do organismo competencias e funcións relacionadas cos correspondentes ámbitos de actuación.

3. En caso de ausencia, enfermidade ou vacante, o presidente será substituído polo secretario xeral.

Artigo 4º.-A Secretaría Xeral.

1. A Secretaría Xeral, con nivel orgánico de dirección xeral, é o órgano encargado de prestarlle asistencia técnica e administrativa ó presidente, e da coordinación das direccións xerais do organismo.

2. Así mesmo, correspóndelle, tanto no nivel de atención primaria como no de atención especializada, a análise das necesidades sanitarias da poboación co obxecto da elaboración do Plan de saúde, e o desenvolvemento das súas directrices, en coordinación coas direccións xerais do organismo. Igualmente, correspóndelle o aseguramento sanitario.

3. Correspóndelle, así mesmo, en coordinación coas división do organismo, a concreción operativa do Plan de saúde.

4.Coordina-la formulación da metodoloxía dos pactos de actividade-financiamento ou contratos-programas cos centros sanitarios de primaria e especializada de titularidade pública, e a través da elaboración de concertos singulares ou concertos con entidades que teñan poboación asignada.

5. É tamén o órgano responsable, tanto no ámbito de atención primaria como de atención especializada, da información sanitaria, do seguimento dos pactos sinalados no punto anterior, da regulación de prestacións do Sergas, do deseño de programas específicos de interese estratéxico e do seguimento de novas formas organizativas.

6. Igualmente, correspóndelle a representación do Sergas nos actos de adquisición e disposición dos bens e dereitos do organismo e dirixir e coordina-lo asesoramento xurídico do Sergas, sen prexuízo das

competencias propias da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

7. A coordinación e supervisión dos proxectos informáticos, sen prexuízo das funcións atribuídas ás comisións de Informática e Central de Racionalización Administrativa e á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, así como exercer aqueloutras funcións que lle sexan singular ou especificamente encomendadas ou delegadas polo presidente do organismo.

8. Para o cumprimento das funcións que se lle encomendan, a Secretaría Xeral contará coa seguinte estructura:

-Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento.

-Subdirección Xeral de Información Sanitaria.

-Asesoría Xurídica do Servicio Galego de Saúde.

-Intervención Delegada, organicamente integrada na Secretaría Xeral e funcionalmente dependente da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

9. Do secretario xeral dependerá directamente, con nivel orgánico de servicio, a seguinte unidade:

-Servicio de Informática.

Artigo 5º.-A Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento.

1. É a unidade á que lle corresponden as funcións encomendadas á Secretaría Xeral en relación coa planificación e o aseguramento sanitarios e a elaboración do proxecto do Plan de saúde, de acordo cos criterios de coordinación establecidos neste decreto.

2. Correspóndelle tamén:

a) O desenvolvemento de funcións de compra de servicios sanitarios en atención primaria e especializada, propoñendo a metodoloxía e o alcance dos protocolos, contratos ou concertos con provedores, de acordo cos criterios de coordinación fixados pola Secretaría Xeral do organismo segundo o disposto nos números 1 e 2 do artigo 4º deste decreto.

b) A avaliación das tecnoloxías sanitarias, novas formas organizativas e seguimento dos programas da tarxeta sanitaria.

c) A planificación e seguimento do programa sobre prácticas e ensinanzas sanitarias especializadas.

3.Contará con nivel orgánico de servicio coas seguintes unidades:

3.1.Servicio de Planificación Sanitaria.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A elaboración de indicadores sanitarios necesarios para o desenvolvemento das súas funcións.

b) A elaboración da proposta de bases para a elaboración do Plan de saúde.

c) A elaboración da proposta de bases para a elaboración do Plan de servicios.

d) A proposta de planificación e desenvolvemento do programa sobre prácticas e ensinanzas sanitarias especializadas.

3.2. Servicio de Aseguramento.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A elaboración de criterios de compra de servicios en concertos singulares e con entidades de poboación sectorizada, ou de contratos-programa con centros vinculados ó Sergas con personalidade xurídica propia.

b) A proposta da metodoloxía e alcance dos pactos de actividade -financiamento e contratos-programas para os centros propios.

c) As propostas de aseguramento sanitario.

d) As propostas de incorporación das prestacións sanitarias non financiadas polo Sistema Nacional de Saúde, sen prexuízo das competencias que lles correspondan ás divisións do organismo.

3.3. Servicio de Programas Especiais.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A xestión do Sistema de Información Poboacional do Servicio Galego de Saúde, para identificación única de tódolos usuarios do sistema, e desenvolvemento de novas funcionalidades que faciliten a interacción dinámica do cidadán coa Administración sanitaria a través das novas canles de comunicación.

b) O deseño e a xestión dos documentos que acreditan o dereito á asistencia sanitaria pública como medio de acceso ós diferentes servicios sanitarios autentificando tanto a cidadáns como a profesionais sanitarios.

c) A elaboración dos procedementos para garanti-la acreditación do dereito á asistencia sanitaria dos cidadáns residentes na Comunidade Autónoma galega.

d) A proposta de estratexias para a integración de datos necesarios para a planificación de servicios, e o establecemento de medidas de coordinación para o mantemento do sistema de recursos vinculado á tarxeta sanitaria.

3.4. Servicio de Desenvolvemento de Sistemas e Avaliación de Tecnoloxías:

1. Correspóndelle as seguintes funcións:

a) Coñece-la proposta dos recursos tecnolóxicos sanitarios necesarios para satisface-las necesidades da comunidade.

b) O deseño de novas organizacións para a aplicación de alta tecnoloxía, así como as propostas de criterios de seguimento e avaliación das súas actividades.

c) A elaboración de estudios e propostas en relación coa introducción e difusión das tecnoloxías médicas, e a avaliación das tecnoloxías existentes de cara á súa eventual reposición.

d) A promoción da investigación científica nas institucións sanitarias, e non sanitarias, dirixida a mellora-la metodoloxía necesaria para a avaliación de tecnoloxías sanitarias.

e) A promoción da homologación de tecnoloxías e procedementos clínicos nas institucións sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) A realización de informes técnicos sobre a utilización de tecnoloxías sanitarias que lle poidan ser requiridos por organismos sanitarios públicos ou privados, ou por calquera outro organismo administrativo ou empresarial, baixo a preceptiva aceptación da Secretaría Xeral do Sergas.

g) A realización dos estudios e avaliación da tecnoloxía sanitaria, así como dos sistemas organizativos nos que se desenvolve a atención sanitaria, de acordo con criterios de seguridade, eficacia, efectividade e eficiencia, e tendo en conta a súa valoración ética, clínica, económica e social.

h) O asesoramento, no ámbito das súas atribucións, ó Comité Ético de Investigación Clínica.

2. Este servicio actuará como Axencia de Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias, mentres esa non se conforme como unidade singular, coa misión de achega-los coñecementos científicos que permitan contribuír a eleva-lo nivel de saúde na poboación desta comunidade, para o cal lle compete tamén o desenvolvemento das seguintes funcións:

a) Asesorar na formulación de plans estratéxicos de investimento de tecnoloxías, así como de investigación e desenvolvemento.

b) Selecciona-las tecnoloxías sanitarias, novas ou en uso, susceptibles de avaliación, pola súa repercusión.

c) Deseñar estudios específicos de investigación en avaliación de tecnoloxías.

d) Promove-la investigación especificamente dirixida a obte-la información necesaria para a avaliación de tecnoloxías fomentando a colaboración entre as universidades, os centros, unidades de investigación, as empresas e outras institucións.

e) Analizar e revisa-la información científica relacionada coa avaliación das tecnoloxías sanitarias e a súa difusión entre os profesionais e os servicios sanitarios.

f) Analiza-la difusión e os patróns de utilización das tecnoloxías médicas de maior impacto, en termos de saúde ou económicos, no sistema sanitario, principalmente en relación coa súa accesibilidade, demanda potencial e utilización apropiada.

g) Promove-la utilización apropiada das tecnoloxías médicas mediante deseño, elaboración e difusión de guías de práctica clínica, recomendacións

e participación na aplicación das tecnoloxías sanitarias, nos distintos enfoques: prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación.

h) Colaboración e participación asesorando na creación e desenvolvemento de programas de avaliación de tecnoloxías sanitarias, nos diferentes niveis de decisión.

i) Recomenda-lo desenvolvemento de sistemas de información dirixidos a obte-la documentación necesaria para a avaliación de tecnoloxías.

3.5. Servicio de Protección Radiolóxica.

Sen prexuízo das competencias atribuídas á protección civil e a outras consellerías, correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Establecer un sistema de auditoría que permita determinar se o programa de garantía de calidade en radioterapia, medicina nuclear ou radiodiagnóstico se adecua ós obxectivos previstos, cumpre coas disposicións regulamentarias que lle sexan de aplicación e estea implantado de forma efectiva, para os efectos da súa certificación.

b) Vixia-lo cumprimento de cada un dos criterios de calidade establecidos en radioterapia, medicina nuclear ou radiodiagnóstico e, máis especificamente, no programa de garantía de calidade. En caso de ser preciso, propoñer medidas correctoras do equipamento ou dos procedementos, e a clausura provisional ou definitiva do equipo ou da unidade, se procede.

c) Promove-la mellora da calidade, eficiencia e efectividade do acto radiolóxico médico, así como evitar exposicións inadecuadas ou excesivas ás radiacións ionizantes, mediante disposicións tales como asesoría no ámbito da garantía de calidade ou a formación do persoal implicado, relativa á protección do paciente e ós programas de control e garantía de calidade.

d) Determina-las unidades asistenciais de radiodiagnóstico do Servicio Galego de Saúde que precisen dun axeitado programa de mantemento, tanto preventivo como correctivo.

e) Elabora-los criterios mínimos que garantan a seguridade, eficacia e eficiencia dos equipos de cada instalación radiolóxica, sen prexuízo das competencias do Consello de Seguridade Nuclear e outros organismos con autoridade na materia.

f) Elabora-lo inventario de equipos radiolóxicos das instalacións de radiodiagnóstico, radioterapia e de medicina nuclear, e colaborar co Ministerio de Sanidade e Consumo na realización do Censo Nacional de Instalacións Radioactivas de Uso Médico.

g) Realizar estudios necesarios para que o Servicio Galego de Saúde lle propoña ó Ministerio de Sanidade e Consumo a actualización dos criterios de ordenación que, en relación coa protección radiolóxica, se aplicarán na autorización previa para a creación, ampliación e modificación de centros ou establecementos sanitarios.

Artigo 6º.-A Subdirección Xeral de Información Sanitaria.

1. É a unidade á que lle corresponde a elaboración das propostas para o deseño da estructura básica do sistema de información sanitaria de Galicia e o deseño, mantemento e explotación do sistema de información para a xestión e planificación, tanto dos centros propios como concertados proporcionando apoio nesta materia ó Sergas e á consellería, en especial en relación coa información relativa á atención primaria e atención especializada. Así mesmo, correspóndelle o establecemento dos mecanismos precisos para o adecuado intercambio de información entre as divisións, incluíndo a elaboración das propostas para a normalización da tecnoloxía da información.

En consecuencia, correspóndelle ofrecer datos que permitan a realización de convenios ou contratos cos centros e servicios sanitarios, así como proporcionar información que permita a avaliación continuada do cumprimento dos acordos pactados tanto en actividade como en calidade.

2.Correspóndenlle tamén:

a) O deseño, coordinación e seguimento do desenvolvemento da xestión analítica.

b) A organización e o mantemento dos fondos documentais sanitarios do Sergas e a súa divulgación, así como a coordinación e tramitación das publicacións, e a coordinación da rede de bibliotecas biomédicas.

3.Contará con nivel orgánico de servicio, coas seguintes unidades:

3.1. Servicio de Análise de Sistemas de Información.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A normalización da estructura dos sistemas de información en función das necesidades existentes.

b) O deseño e a posta en marcha do sistema de información para a xestión.

c) A colaboración con outras unidades no desenvolvemento do proxecto de xestión analítica.

3.2. Servicio de Avaliación e Mantemento do Sistema de Información.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A explotación dos sistemas de información e revisión permanente da súa calidade.

b) A avaliación das novas necesidades e realización das modificacións necesarias.

c) O desenvolvemento na Comunidade Autónoma das estatísticas sanitarias que se lle encomenden.

3.3. Servicio de Documentación, Publicación e Estudios.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A organización, o mantemento e a divulgación do fondo documental da consellería e do Sergas e

a coordinación e tramitación de publicacións no ámbito de competencias da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde.

b) A xestión da rede de bibliotecas biomédicas.

c) A normalización das memorias dos centros e servicios sanitarios.

d) A ordenación de rexistros e arquivos.

3.4. Servicio de Avaliación.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A elaboración da memoria anual do organismo e as propostas de difusión da súa actividade.

b) A elaboración e formalización dos rexistros que recollan a avaliación global dos obxectivos e as accións dos centros sanitarios de titularidade pública e privada provedores de servicios sanitarios ó organismo, tanto no nivel de atención primaria como no de atención especializada.

Artigo 7º.-A Asesoría Xurídica do Servicio Galego de Saúde.

1. Con nivel orgánico de subdirección xeral, correspóndelle o asesoramento en dereito e a defensa e representación en xuízo do organismo nos termos previstos no artigo 19 da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Saúde. Para tal fin dirixirá e coordinará os letrados tanto dos servicios centrais como dos servicios periféricos, xa se trate de persoal propio como de apoderados, os cales poderán consultar ante esta os asuntos que consideren de especial transcendencia para efectos de mante-la uniformidade no asesoramento.

2. En particular correspóndelle:

a) Establecer, de conformidade coa Secretaría Xeral, os criterios xerais para a defensa do Servicio Galego de Saúde.

b) Levar a cabo o asesoramento e os informes xurídicos que lle soliciten o presidente e o secretario do Servicio Galego de Saúde.

c) Informar en dereito sobre a contratación administrativa do Servicio Galego de Saúde.

3. Sen prexuízo da súa dependencia orgánica, a Asesoría Xurídica dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

4. Para o cumprimento das súas funcións contará, nos servicios centrais do organismo, coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

4.1 Servicio de Defensa Xurisdiccional.

Correspóndelle a coordinación da defensa xurisdiccional dos asuntos nos que sexa parte o Servicio Galego de Saúde.

4.2. Servicio de Asesoramento Xurídico.

Correspóndelle a emisión de informes, dictames e demais actividades de asesoramento en dereito.

Artigo 8º.-Servicio de Informático.

Do secretario xeral dependerá directamente, con nivel orgánico de servicio, a seguinte unidade:

1. Servicio de Informática.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) Definir, coordinar e supervisa-los plans de informatización da Consellería de Sanidade e os centros asistenciais do Servicio Galego de Saúde.

b) Realiza-las análises de requirimentos, deseño e desenvolvemento de aplicacións informáticas da Consellería de Sanidade e o Servicio Galego de Saúde.

c) Xestiona-los proxectos de implantación relacionados coas tecnoloxías da información da Consellería de Sanidade e o Servicio Galego de Saúde.

d) Xestionar proxectos de instalación e soporte ós centros asistenciais en materia de comunicacións, redes e seguridade.

e) Instalación e mantemento dos aplicativos informáticos relativos á área de competencia, así como a solución das incidencias comunicadas no seu ámbito.

f) A explotación dos sistemas e aplicacións informáticas de carácter centralizado e os sistemas de información corporativos.

g) Planificar e efectua-la actividade formativa de usuarios de aplicacións e sistemas informáticos da Consellería de Sanidade e o Servicio Galego de Saúde.

Artigo 9º.-A División de Asistencia Sanitaria.

1. A División de Asistencia Sanitaria é ó órgano responsable da coordinación asistencial da atención primaria de saúde e da atención especializada prestada polos centros e servicios financiados polo Sergas.

2. Correspóndelle, no marco da planificación sanitaria elaborada pola Consellería de Sanidade, o desenvolvemento asistencial da atención primaria da saúde, da atención especializada, da súa coordinación, da determinación e avaliación de obxectivos de carácter asistencial que deben cumpri-los centros a través das fórmulas que en cada momento se determinen, e daqueloutras funcións relacionadas e necesarias para acadar estes obxectivos.

3. Para o cumprimento das súas funcións, conta coa seguinte estructura:

-A Subdirección Xeral de Atención Primaria.

-A Subdirección Xeral de Atención Especializada.

-A Subdirección Xeral de Programas Asistenciais de Investigación e Calidade.

-A Subdirección Xeral de Coordinación e Avaliación Asistencial.

Artigo 10º.-A Subdirección Xeral de Atención Primaria.

A Subdirección Xeral de Atención Primaria é a responsable do deseño, ordenación, coordinación e seguimento das prestacións asistenciais de atención primaria de saúde, en coordinación coas restantes subdireccións xerais desta división, e especialmente do desenvolvemento do novo modelo de atención primaria. Igualmente, está encargada, en coordinación coas unidades competentes da División de Recursos Humanos, da análise dos cadros de persoal necesarios para o cumprimento dos obxectivos fixados ós centros do Sergas, así como a proposta dos plans funcionais dos centros.

Para o cumprimento destas funcións, e con nivel orgánico de servicio, conta coa seguinte unidade:

1. Servicio de Atención Primaria.

É a unidade encargada da elaboración de propostas de deseño, ordenación e seguimento das actividades de atención primaria da saúde.

Artigo 11º.-Subdirección Xeral de Atención Especializada.

1. É a unidade responsable do deseño, ordenación, coordinación e seguimento das prestacións asistenciais da atención especializada, en coordinación coas subdireccións xerais desta división. Tamén está encargada da coordinación, coas restantes unidades competentes da División de Recursos Humanos, da análise dos cadros de persoal necesarios para o cumprimento dos obxectivos fixados ós centros, así como a proposta dos plans funcionais dos centros.

2. Para o cumprimento destas funcións e con nivel orgánico de servicio, conta coas seguintes unidades:

2.1. Servicio de Atención Especializada. Correspóndelle a elaboración de propostas, deseño, ordenación e seguimento das actividades da atención especializada.

2.2. Servicio de Saúde Mental. Correspóndelle a promoción da saúde mental, a proposta e xestión dos plans e programas de saúde mental no ámbito da Comunidade Autónoma e a coordinación dos dispositivos dedicados a saúde mental.

3. Queda adscrita á Subdirección Xeral de Atención Especializada a Oficina de Coordinación de Transplantes, coas funcións previstas na Orde do 8 de xuño de 1992, pola que se creou.

Artigo 12º.-Subdirección Xeral de Programas Asistenciais, de Investigación e Calidade.

1. É a unidade responsable do deseño e desenvolvemento de programas de carácter asistencial, en colaboración coa subdireccións xerais de atención primaria e atención especializada. Así mesmo, está encargada do desenvolvemento e seguimento de programas de investigación e calidade no Servicio Galego de Saúde, en colaboración cos centros directivos con responsabilidades nestes ámbitos.

2. Para o cumprimento destas funcións, e con nivel orgánico de servicio, conta coas seguintes unidades:

2.1. Servicio de Programas Asistenciais.

Correspóndelle a elaboración de propostas de desenvolvemento de programas de carácter asistencial na atención primaria de saúde e na atención especializada, e o seu seguimento.

2.2. Servicio de Programas de Calidade e Investigación.

Correspóndelle a elaboración de propostas de desenvolvemento e seguimento de programas de calidade, de investigación e formación en colaboración con outras unidades.

2.3. Quedan adscritas á devandita subdirección as secretarías técnicas do Sistema Acreditador de Formación Continuada dos profesionais sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Secretaría Técnica da Comisión Galega de Bioética.

Artigo 13º.-Subdirección Xeral de Coordinación e Avaliación Asistencial.

1. É a unidade responsable de todas aquelas funcións relativas á coordinación entre os niveis sanitarios, e especialmente da avaliación das actuacións asistenciais, sen prexuízo das funcións recoñecidas á Inspección sanitaria, da realización de análises de eficacia e eficiencia do funcionamento dos servicios sanitarios, do desenvolvemento e coordinación dos programas e actividades de enfermería en atención primaria e en atención especializada, así como do desenvolvemento de actividades relacionadas con outras prestacións non incluídas nas funcións das subdireccións xerais anteriores.

2. Para o cumprimento destas funcións, e con nivel orgánico de servicio, conta coas seguintes unidades:

2.1. Servicio de Enfermería en Atención Primaria e Especializada.

Correspóndelle a coordinación e o seguimento das actividades e obxectivos de enfermería en atención primaria e especializada.

2.2. Servicio de Coordinación Asistencial.

Correspóndelle a elaboración de propostas de coordinación entre os niveis asistenciais e outras instancias extrasanitarias, o control de xestión dos centros sanitarios, así como a análise da súa eficacia e eficiencia.

2.3. Servicio de Prestacións e Emerxencias Médicas.

As súas funcións son a organización e coordinación da atención sanitaria en emerxencias, catástrofes e situacións especiais, sen prexuízo das competencias doutros centros directivos, así como a elaboración de propostas de ordenación e seguimento das prestacións sanitarias complementarias non incluídas nas funcións das outras subdireccións xerais.

Artigo 14º.-A División de Recursos Económicos.

1. A División de Recursos Económicos é o órgano encargado con carácter xeral da execución, ordenación e avaliación da xestión económica e orza

mentaria do Servicio Galego de Saúde e da proposta e execución dos programas de investimentos de obras, instalacións e subministracións do organismo.

2. Para iso, correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

a) A elaboración e redacción do anteproxecto de orzamento do Servicio Galego de Saúde.

b) O establecemento das bases e directrices da xestión económica do organismo, así como levar a cabo as actuacións de control e avaliación da xestión económica e orzamentaria dos seus centros de gasto.

c) A xestión do patrimonio do organismo.

d) A xestión económico-administrativa da asistencia sanitaria prestada con medios alleos.

e) A proposta, en coordinación coa Secretaría Xeral e a División de Asistencia Sanitaria, e execución dos programas de investimentos aprobados polo presidente do organismo relativos a obras, intalacións e equipamentos dos centros asistenciais.

f) A coordinación dos servicios económicos e administrativos, de hostalería e de mantemento técnico dos centros do organismo.

g) A tramitación das modificacións orzamentarias e daqueles expedientes de gasto do organismo que non fosen obxecto de delegación noutros órganos.

3. Por delegación do presidente do Servicio Galego de Saúde, e sen prexuízo das competencias que o presidente delegue noutros órganos periféricos e das que se delegan no director xeral de División de Recursos Humanos en relación coas retribucións do persoal dos centros de xestión do organismo e, así mesmo, sen prexuízo da eventual avocación, a División de Recursos Económicos exercerá as seguintes funcións:

a) Actuar como órgano de contratación do organismo.

b) Propoñer e dispoñer tódolos gastos do organismo.

c) Propoñe-la ordenación dos pagamentos do organismo.

d) Calquera outra que lle sexa encomendada polo presidente do Servicio Galego de Saúde.

4. Para o cumprimento das súas funcións, a División de Recursos Económicos contará coa seguinte estructura:

4.1. A Subdirección Xeral de Orzamentos.

4.2. A Subdirección Xeral de Investimentos.

4.3. A Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica.

Artigo 15º.-A Subdirección Xeral de Orzamentos.

1.Correspóndelle, con carácter xeral, a preparación do anteproxecto de orzamento do Servicio Galego de Saúde, a execución e o seguimento da xestión orzamentaria, a tramitación económico-administra

tiva dos expedientes de asistencia sanitaria prestada con medios alleos, e o asesoramento na dita materia ós órganos directivos do Servicio Galego de Saúde.

2. Contará con nivel orgánico de servicio, coas seguintes unidades:

2.1. Servicio de Orzamentos.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A realización dos traballos preparatorios para a confección do anteproxecto de orzamento do organismo e a tramitación das modificacións orzamentarias.

b) A proposta das instruccións necesarias para que os centros de gasto efectúen unha correcta execución orzamentaria acorde coa normativa vixente.

2.2. Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A tramitación económico-administrativa dos expedientes de asistencia sanitaria prestada con medios alleos.

b) A análise e o estudio, na súa vertente económico-administrativa, da normativa relativa á materia de concertos de asistencia sanitaria.

c) A coordinación da xestión e recadación de taxas, prezos públicos e outros ingresos, sen prexuízo das competencias da Consellería de Economía e Facenda.

2.3. Servicio de Análises Orzamentarias.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A análise da execución orzamentaria dos centros de gasto do organismo.

b) A avaliación de obxectivos e indicadores da execución orzamentaria.

c) A realización de estudios e propostas de alternativas dirixidas a mellora-la eficacia e o control de gasto.

2.4. Servicio de Aprovisionamento.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A coordinación cos centros de xestión e cos provedores de materiais, levando a cabo actuacións que optimicen os recursos humanos e económicos destinados á xestión de materiais.

b) Servir de apoio ó funcionamento da comisión técnica de subministracións do Sergas.

c) A coordinación dos procedementos de compras agregadas dos centros do Sergas, propoñendo e preparando os informes e pregos de especificacións técnicas que permitan a adquisición centralizada de productos para os centros do Sergas.

d) Proceder á elaboración, implantación e mantemento do catálogo de productos consumidos nos centros do Sergas, con codificación única de acordo coa distribución en grupos, subgrupos e familias.

e) Propoñer, logo da elaboración das comisións técnicas, as oportunas instruccións sobre homologación de productos de uso xeral, estea centralizada ou non a súa adquisición, así como dos provedores.

f) Avaliar e garanti-lo seguimento en tempo real das compras e consumos de materiais en tódolos centros do Sergas.

g) Realizar de forma sistemática estudios de mercado e comparativos de productos, prezos, provedores, os resultados dos cales serán dados a coñecer en todo o ámbito do Sergas.

3. Da Subdirección Xeral de Orzamentos dependerá a Comisión Técnica de Subministración do Servicio Galego de Saúde.

Artigo 16º.-A Subdirección Xeral de Investimentos.

1. É a unidade á que lle corresponden as seguintes funcións:

a) A proposta, dirección, coordinación e execución dos programas de investimentos aprobados e que se refiran a obras, instalacións e equipamento de centros asistenciais e administrativos do Servicio Galego de Saúde.

b) Elaborar e ordena-los criterios para a contratación de investimentos e programas de mantemento polos centros asistenciais e administrativos dependentes do Servicio Galego de Saúde.

c) A xestión administrativa dos expedientes necesarios para o cumprimento das funcións descritas.

2. Contará con nivel orgánico de servicio, coas seguintes unidades:

2.1. Servicio de Obras e Supervisión de Proxectos.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A execución e control dos programas de investimentos do Sergas en materia de obras e instalacións dos seus centros asistenciais e administrativos.

b) Desenvolver-las funcións que lle correspondan á oficina de supervisión de proxectos conforme a lexislación sobre contratos das administracións públicas no ámbito do Sergas, así como calquera outra que lle poida ser encomendada por disposicións propias do organismo.

c) A elaboración de informes, memorias, orzamentos e proxectos en materia da súa competencia, así como o seu seguimento ou dirección.

d) Servir de apoio ó funcionamento da comisión técnica de mantemento do Sergas.

2.2. Servicio de Equipamentos:

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A execución e control dos programas de investimentos do Servicio Galego de Saúde en materia de equipamento e instalacións dos seus centros asistenciais e administrativos.

b) A elaboración de informes, memorias, orzamentos e proxectos en materia da súa competencia, así como o seu seguimento ou dirección.

c) A tramitación de expedientes de subvencións para actuacións de adaptación e mantemento de centros asistenciais.

2.3. Servicio de Xestión.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A elaboración e tramitación de expedientes para a contratación de obras, subministracións e cantos outros estean relacionados coas competencias da subdirección.

b) O control administrativo da execución dos respectivos expedientes.

2.4. Servicio de Coordinación Administrativa.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A xestión do patrimonio do Servicio Galego de Saúde.

b) A xestión do inventario de bens e dereitos do organismo.

3. Da Subdirección Xeral de Investimentos dependerá a Comisión Técnica de Mantemento do Servicio Galego de Saúde.

Artigo 17º.-A Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica.

1. Correspóndelle, con carácter xeral, a tramitación de expedientes de contratación, a execución e seguimento da xestión económica e o asesoramento nesta materia ós órganos directivos do Servicio Galego de Saúde.

2. Contará, con nivel orgánico de servicio, coas seguintes unidades:

2.1. Servicio de Xestión e Análise Económica.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A tramitación económico-administrativa dos expedientes de gastos e propostas de pagamentos realizados polos servicios centrais, e a supervisión dos efectuados polos demais centros de gasto do organismo.

b) A habilitación xeral do organismo e a coordinación das habilitacións periféricas.

c) A elaboración das instruccións para unha correcta xestión económica, e o seguimento e control da súa execución polos centros de gasto do organismo.

d) A implantación, coordinación e seguimento da contabilidade de xestión do organismo.

2.2. Servicio de Contratación.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A tramitación dos expedientes de contratación dos servicios centrais do organismo.

b) A tramitación dos expedientes de contratación de subministracións centralizadas para os centros de gasto.

c) As dúas competencias anteriores enténdense sen prexuízo das que lle corresponden ó Servicio de Xestión da Subdirección Xeral de Investimentos.

d) A elaboración das instruccións para unha correcta contratación e o seguimento e control dela polos centros de gasto do organismo.

Artigo 18º.-A División de Recursos Humanos.

1. A División de Recursos Humanos é o órgano encargado de deseñar e executa-la política de persoal do organismo e ó que lle corresponde a xestión de tódolos colectivos que se integran nel, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública en relación cos funcionarios públicos regulados na Lei 4/1988, da función pública de Galicia, e ó persoal suxeito ó Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia.

2. Por delegación do presidente do Servicio Galego de Saúde e sen prexuízo das competencias que o presidente delegue noutros órganos periféricos, ou da súa eventual avocación, a División de Recursos Humanos exercerá as seguintes funcións:

a) As atribuídas ó presidente en materia de recursos humanos polo artigo 7.20.d) da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Saúde na redacción dada pola Lei 8/1991, do 23 de xullo.

b) A proposta, tramitación e ordenación de gastos e pagamentos referentes ás retribucións do persoal de centros de gasto do organismo que non posúan esta atribución, así como a aprobación dos expedientes de modificación de acordo co persoal dos centros sanitarios, de conformidade co previsto para o efecto pola Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

c) A aprobación do Plan Anual de Formación do Persoal do organismo autónomo, por proposta da División de Asistencia Sanitaria.

d) Calquera outra que lle poida corresponder de acordo coa normativa vixente.

3. A División de Recursos Humanos, para o cumprimento das súas funcións, contará coa seguinte estructura:

-A Subdirección Xeral de Xestión e Ordenación de Recursos Humanos.

-A Subdirección Xeral de Relacións Laborais, Recursos e Reclamacións.

-A Subdirección Xeral de Custos de Persoal e Retribucións.

Artigo 19º.-A Subdirección Xeral de Xestión e Ordenación de Recursos Humanos.

1. É a unidade á que lle corresponden as seguintes funcións:

a) A ordenación e o control da xestión de todo o persoal do organismo, sen prexuízo da competencia doutros órganos e unidades e, en especial, a xestión e administración ordinaria do persoal funcionario e laboral adscrito ás súas dependencias centrais.

b) A formulación das propostas relativas ás relacións de postos de traballo de todo o persoal funcionario e laboral do organismo, así como o seguimento e control do mantemento e actualización do rexistro deste persoal.

c) A preparación da oferta de emprego público e dos distintos procedementos de provisión de postos de traballo do persoal do organismo e, en especial, do persoal estatutario e do persoal funcionario sanitario incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989.

d) A elaboración dos estudios de adecuación e reforma do réxime xurídico aplicable ó persoal do organismo, das propostas de adopción da normativa e de criterios básicos e comúns para a coordinación e homologación da xestión de persoal.

e) O deseño, coordinación, execución e difusión da información en materia de recursos humanos.

2. Para o cumprimento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servicio, coas seguintes unidades:

2.1. Servicio de Persoal Funcionario e Laboral.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) O desenvolvemento da xestión de todo o persoal funcionario da Consellería de Sanidade que presta as súas funcións no ámbito da saúde pública, así como do persoal funcionario do organismo incluído no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, e 17/1989, do 23 de outubro, e, do persoal laboral suxeito ó Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia.

b) A confección das relacións de postos de traballo, o mantemento e actualización do rexistro deste tipo de persoal e a organización, custodia e o arquivo dos seus expedientes.

2.2. Servicio de Ordenación Normativa e Documentación.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A elaboración de anteproxectos normativos e a proposta de circulares e instruccións internas en materia de xestión de recursos humanos do organismo.

b) O asesoramento e apoio técnico en todas cantas cuestións afecten á ordenación e deseño do réxime xurídico do persoal do organismo, así como o abastecemento, sistematización e, se é o caso, publicación, en colaboración coa Secretaria Xeral, daquela documentación de interese relativa á ordenación e ó réxime xurídico dos recursos humanos do organismo.

c) A xestión dos plans de formación do persoal non sanitario que presta os seus servicios no ámbito das institucións sanitarias do organismo.

d) O asesoramento e apoio técnico e as propostas de circulares e instruccións do servicio en materia de xestión económica do capítulo I do orzamento do organismo.

2.3. Servicio de Selección e Provisión de Persoal.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) O estudio e a preparación dos anteproxectos normativos en materia de selección, provisión e integración, se é o caso, do persoal do organismo e, en especial, do persoal estatutario e do persoal sanitario funcionario incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989.

b) A preparación e execución dos distintos sistemas de provisión de vacantes para o persoal dependente das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde e para o persoal incluído na Lei 17/1989.

c) A preparación e execución das ofertas de emprego público do dito persoal ó servicio do organismo.

d) O asesoramento, estudio e elaboración de informes nestas materias.

2.4. Servicio de Información:

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) O deseño e unificación da información e documentación da división.

b) A coordinación e difusión da información e documentación co resto de unidades das divisións e direccións provinciais do Sergas.

c) A coordinación e xestión das relacións interadministrativas en materia de información de recursos humanos.

d) A coordinación, xestión e difusión da información relativa a recursos humanos ós cidadáns.

Artigo 20º.-A Subdirección Xeral de Relacións Laborais, Recursos e Reclamacións.

1. É a unidade á que lle corresponden, sen prexuízo das competencias atribuídas a Dirección Xeral da Función Pública, as seguintes funcións:

a) Levar a cabo as negociacións cos órganos de representación lexitimados, nos termos e co ámbito sinalado na Lei 9/1987, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e representación do persoal ó servicio das administracións públicas, coas modificacións introducidas pola Lei 7/1990, do 19 de xullo, sobre negociación colectiva e participación na determinación das condicións de traballo dos empregados públicos.

b) O desenvolvemento das relacións individualizadas co persoal dependente do Servicio Galego de Saúde, nos casos que proceda.

c) O pulo da política de saúde laboral, acción social e formación do persoal non sanitario do organismo.

d) Se é o caso, o estudio, a tramitación e formulación das propostas de resolución dos expedientes, reclamacións e recursos que se formulen en materias relativas ó persoal do organismo.

e) A elaboración do balance social e o establecemento de propostas de liñas de actuación do organismo.

2. Para o cumprimento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servicio, coas seguintes unidades:

2.1. Servicio de Relacións Laborais.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A execución do deseño das relacións laborais coas organizacións sindicais e órganos de representación do persoal, e o seguimento e control dos seus dereitos.

b) A canalización e o informe das relacións individualizadas co persoal dependente do Sergas, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

c) A elaboración e proposta das liñas de actuación na negociación colectiva, participación no seu desenvolvemento e control, e seguimento dos acordos derivados dela.

d) A proposta do plan de formación do persoal non sanitario, mediante o deseño de programas encamiñados a aumenta-la calidade dos servicios correspondentes.

e) A negociación e proposta do fondo de acción social no ámbito do Servicio Galego de Saúde, sen prexuízo das competencias doutros órganos da Comunidade Autónoma.

2.2. Servicio de Recursos e Reclamacións.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) O estudio, a tramitación e formulación, se é o caso, das propostas de resolución das reclamacións previas á vía xudicial e dos recursos que se interpoñan perante o organismo, en materia de persoal.

b) Prepara-los antecedentes, dilixencia-las comunicacións xudiciais e emiti-los informes que procedan sobre as demandas e recursos que se substancien na vía xurisdiccional.

c) A tramitación dos expedientes de incompatibilidade, referentes ó persoal do organismo.

d) O estudio e a tramitación das queixas remitidas polos distintos organismos.

Artigo 21º.-A Subdirección Xeral de Custos de Persoal e Retribucións.

1. Correspóndenlle á Subdirección Xeral de Custos de Persoal e Retribucións as funcións de planificación económica dos recursos humanos dependentes do organismo, a análise, informe e proposta da política retributiva, o deseño e xestión do seu Rexistro de Persoal, a elaboración e o seguimento dos cadros de persoal e a análise, seguimento e proposta en materia de gastos de persoal.

2. Para o cumprimento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servicio, coas seguintes unidades:

2.1. Servicio de Administración Económica.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A xestión e tramitación da nómina de persoal adscrito ós servicios centrais do organismo.

b) O cumprimento das obrigas do organismo en materia de Seguridade Social e dereitos pasivos.

c) O orzamento e a execución da política de acción social.

2.2. Servicio de Réxime Retributivo e Cadros de Persoal.

Correspóndenlle as seguintes funcións:

a) A análise e informatización, en coordinación coa Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, do cadro de persoal do organismo, e o seu seguimento e control, na coordinación cos centros asistenciais.

b) O informe e a tramitación das propostas de modificación do cadro de persoal e o estudio e a proposta de desenvolvemento normativo en materia de réxime retributivo do persoal do organismo.

c) O desenvolvemento da xestión de persoal estatutario do organismo, sen prexuízo das atribucións que lles correspondan a outros órganos e unidades del.

2.3. Servicio de Avaliación Económica e Orzamentaria.

Correspóndenlle as seguintes funcións en relación cos gastos de persoal do organismo:

a) A confección dos estudios previos á elaboración da proposta do anteproxecto dos orzamentos do capítulo I do Sergas, e as propostas de modificacións de crédito.

b) O estudio, seguimento e control da execución do estado de gastos e asesoramento en materia orzamentaria do referido capítulo ós centros do organismo.

Artigo 22º.-División de Farmacia e Productos Sanitarios.

1. É o órgano responsable da dirección e desenvolvemento da asistencia e a atención farmacéutica en tódalas estructuras sanitarias, avaliación e control dos seus orzamentos, así como a análise da información do consumo de medicamentos na atención primaria e atención especializada, e a coordinación das comisións técnicas de farmacia e terapéutica.

Así mesmo, é o órgano competente da execución e desenvolvemento de tódalas actividades relacionadas coa farmacovixilancia e información farmacoterapéutica ós profesionais sanitarios e ós cidadáns, así como do visado de receitas, inspección farmacéutica e coordinación, adopción de medidas cautelares e comunicación das alertas sobre riscos relacionados cos medicamentos e productos sani

tarios de uso humano na nosa Comunidade Autónoma.

2. Correspóndelle, no marco da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica, a planificación dos establecementos e servicios de atención farmacéutica e do desenvolvemento das actividades de atención farmacéutica nas estructuras de atención primaria, atención especializada e centros previstos no artigo 31.2, letras b) e c) da devandita Ley.

3. Adscríbense á División de Farmacia e Productos Sanitarios o Comité Galego de Avaliación dos Medicamentos de Uso Compasivo, os comités asesores da Utilización Terapéutica da Hormona do Crecemento, do Interferón, e cantas comisións puidesen crearse referentes a medicamentos especiais destinados a patoloxías concretas. Así mesmo, queda adscrito tamén o Centro de Información de Medicamentos, o Centro de Farmacovixilancia de Galicia e o Comité Ético de Investigación Clínica, respecto do que exercerá as funcións atribuídas á Dirección Xeral do Sergas competente en atención especializada, polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro.

4. A Inspección Farmacéutica dependerá organicamente da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, e funcionalmente da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Sergas.

5. Para o cumprimento das súas funcións contará coa seguinte estructura:

Subdirección Xeral de Farmacia e Productos Sanitarios.

Artigo 23º.-Subdirección Xeral de Farmacia e Productos Sanitarios.

1. É o órgano encargado da realización de funcións de apoio ó director xeral da División de Farmacia e Productos Sanitarios, así como da coordinación das comisións de farmacia e terapéutica, dos comités asesores de medicamentos e da relación co Comité Ético de Investigación Clínica.

Así mesmo, é o órgano encargado da coordinación da atención farmacéutica nos programas de mantemento e deshabituación de pacientes drogodependentes, que se leven a cabo na Comunidade Autónoma de acordo co Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas.

Correspóndelle realiza-las propostas, avaliación e seguimento dos protocolos internos de actividade e financiamento.

2. Para o desenvolvemento das súas funcións contará, con nivel orgánico de servicio, coas seguintes unidades:

2.1. Servicio de Atención Farmacéutica:

Este servicio desenvolverá as seguintes funcións:

a) Realiza-la proposta de asignación de orzamentos de medicamentos nas xerencias de atención primaria e de atención especializada.

b) Seguimento e avaliación do consumo de medicamentos nas estructuras de atención primaria, atención especializada, e centros previstos nas letras b) e c) do artigo 31.2 da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica.

c) Realiza-la proposta daqueles medicamentos que se van dispensar nas estructuras de atención primaria que, polas súas características, esixan unha particular vixilancia, supervisión e control do equipo multidisciplinario de atención á saúde.

d) Coordinación das actividades relacionadas co visado de receitas.

e) Conformación da facturación da prestación farmacéutica en receita oficial do Sergas.

f) Tramitación de expedientes, agás sancionadores, en relación con centros, servicios e establecementos de atención farmacéutica, sen prexuízo das competencias da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.

2.2. Servicio de Ordenación Farmacéutica:

Este servicio desenvolverá as seguintes funcións:

a) Planificación dos establecementos e servicios de atención farmacéutica.

b) Elaboración das propostas normativas en relación coa ordenación farmacéutica.

c) Xestión e control das autorizacións de uso de receitas oficiais do Sergas.

d) Coordinación da rede de alerta sobre riscos relacionados cos medicamentos e productos sanitarios de uso humano na nosa Comunidade Autónoma.

e) Coordinación das actividades relacionadas coa inspección farmacéutica.

f) Relación cos colexios oficiais de farmacéuticos.

2.3. Servicio de Productos Sanitarios:

Este servicio desenvolverá as seguintes funcións:

a) Establecemento dos criterios de utilización dos productos sanitarios dispensables a través de receita oficial.

b) Establecemento das características técnicas daqueles productos sanitarios que se utilizan para a administración de medicamentos nas estructuras de atención primaria, atención especializada e centros de asistencia social.

c) Determinación dos criterios de utilización e condicións de dispensación dos productos dietéticos incluídos na prestación sanitaria, así como o seu seguimento e avaliación nas estructuras de atención primaria, atención especializada e centros de asistencia social.

d) Coordinación das actividades relacionadas cos establecementos de distribución e venda de productos sanitarios.

Capítulo II

Órganos periféricos

Artigo 24º.-As direccións provinciais.

1. Para o exercicio das súas competencias, o Servicio Galego de Saúde organízase en catro direccións

provinciais, que desenvolverán as súas funcións no ámbito territorial correspondente a cada unha das provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Á fronte de cada dirección provincial existirá un director do que dependerán os servicios, unidades e centros, tanto administrativos como sanitarios, que radiquen no ámbito territorial da súa competencia e, polo que se refire a estes últimos, en canto atinxe á súa avaliación, seguimento e control. Os directores provinciais dependerán orgánica e funcionalmente do delegado provincial da Consellería de Sanidade, sen prexuízo das directrices que, na orde funcional, poidan emanar da Secretaría Xeral e das divisións do Sergas e da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade no que se refire ás competencias da inspección dos servicios sanitarios.

3. As direccións provinciais do Servicio Galego de Saúdé estarán integradas polas seguintes unidades administrativas co nivel orgánico de servicio:

-A Secretaría.

-O Servicio de Xestión Económica e lnvestimentos.

-O Servicio de Recursos Humanos.

-O Servicio de Inspección e Asistencia Sanitaria.

4. Intégranse organicamente en cada dirección provincial, co nivel orgánico que se determina nas relacións de postos de traballo, a Asesoría Xurídica Provincial, dependente directamente do director provincial e funcionalmente da Asesoría Xurídica do Sergas.

Artigo 25º.-Os directores provinciais.

1. Os directores provinciais, con nivel orgánico de subdirectores xerais ou equivalente, serán nomeados e cesados polo presidente do Sergas entre persoas que reúnan algún dos seguintes requisitos:

-Persoal funcionario ou estatutario do grupo A.

-Persoal laboral do Sergas incluído no grupo I do convenio colectivo único.

2. No caso de vacante, a dirección provincial será desempeñada polo delegado provincial da Consellería de Sanidade.

3. Nos seus respectivos ámbitos territoriais, correspóndelles ós directores provinciais o exercicio das seguintes competencias:

a) A avaliación, seguimento e control dos plans e actuacións do Sergas sen prexuízo do establecido no artigo 20.5.1.

b) Dirixi-la xestión dos servicios da dirección provincial e exerce-la supervisión e o seguimento das súas actividades, asumindo a plena representatividade deles.

c) A recepción, tramitación e, se é o caso, resolución de cantas denuncias, queixas, recursos e reclamacións se produzan no seu ámbito competencial.

d) A coordinación daquelas cuestións que afecten a máis dun centro ou institución sanitaria, así como a interrelación entre os centros de atención especializada e atención primaria.

e) A xestión do persoal da propia dirección provincial e a avaliación, seguimento e control da xestión do persoal de tódolos centros de gasto e institucións sanitarias do Sergas.

Dentro desta competencia en materia de xestión de persoal inclúense:

-A declaración das situacións administrativas do persoal estatutario.

-A convocatoria e resolución dos procesos selectivos que se desenvolvan de forma descentralizada, conforme a normativa vixente, logo de autorización da División de Recursos Humanos, e conforme o que se estableza na convocatoria xeral.

-A selección, conforme os procedementos establecidos, para o desempeño de postos de traballo incluídos nas dotacións existentes nos cadros de persoal das institucións e servicios sanitarios do seu ámbito territorial, agás os postos definidos como de libre designación e os que resulten da resolución de probas selectivas.

-A concesión de comisións de servicio entre institucións sanitarias do seu ámbito territorial, logo da autorización da División de Recursos Humanos.

-O recoñecemento da antigüidade, para os efectos retributivos, do persoal estatutario.

-As declaracións correspondentes ás situacións de xubilación forzosa e voluntaria do persoal estatutario.

-A tramitación e xestión de nóminas do persoal das súas unidades administrativas.

-O control do horario e da asistencia e presencia física do persoal das súas unidades administrativas.

As decisións ou acordos que se adopten no exercicio das anteriores competencias seranlles notificados á División de Recursos Humanos do Sergas e ás respectivas institucións sanitarias.

f) A xestión económica da propia dirección provincial e a avaliación, seguimento e control da xestión dos centros de gasto e institucións, así como a xestión económica das prestacións sanitarias.

Dentro desta competencia na materia de xestión económica inclúense:

-A autorización dos gastos e as propostas de pagamento con cargo ós orzamentos dos seus respectivos centros.

-A actuación como órgano de contratación nos contratos imputables ós seus respectivos créditos, que se refiran a contratos de obras ata un importe de 300.000 A, e sempre que a obra non requira informe da oficina de supervisión de proxectos por afecta-la estabilidade, seguridade ou estanquidade.

Contratos de consultoría e asistencia e de servicios, ben que, cando a contía exceda de 300.000 A, requirirá autorización expresa da División de Recursos Económicos, e se a contía excede de 1.200.000 A requirirá autorización expresa do presidente do Sergas.

Contratos de subministracións, nas mesmas condicións previstas no parágrafo anterior, agás os contratos de subministracións mediante a modalidade de arrendamento, que requirirá autorización expresa da División de Recursos Económicos cando a súa contía exceda de 60.000 A, e autorización expresa do presidente do Sergas cando a contía exceda de 1.200.000 A. Na modalidade de arrendamento con opción de compra computarase a contía prevista da opción para os efectos de determina-los importes referidos neste parágrafo. Quedan excluídos os contratos de subministracións mediante a modalidade de arrendamento financeiro.

-A formalización de contratos de carácter mancomunado que afecten a centros vinculados ás direccións provinciais imputables a créditos dos respectivos centros nas mesmas condicións respecto ó tipo de contrato e contía previstosna alínea anterior.

-A tramitación e resolución dos expedientes de reintegro de gastos ós beneficiarios da asistencia sanitaria da Seguridade Social, de contía inferior a 30.000 A.

-En relación co persoal da dirección provincial, a autorización das comisións de servicio con dereito a indemnización, así como a concesión de permisos ou licencias que non teñan repercusión no capítulo dos orzamentos.

-A formalización de contratos administrativos especiais trala autorización expresa da División de Recursos Económicos.

-As contratacións relativas á prestación de asistencia por importe inferior a 12.000 A, motivada por supostos de urxencia.

g) Calquera outra competencia administrativa ou atribución que as leis e demais disposicións xerais lles confiran ou lles sexan delegadas pola autoridade competente.

Artigo 26º.-A Secretaría.

1. É o órgano de apoio do director provincial ó que lle corresponde o exercicio das seguintes funcións:

a) A asistencia técnica e administrativa ó director.

b) As cuestións de réxime interior, información e atención o cidadán, rexistro xeral, publicacións, documentación administrativa, arquivo e inventario.

2. Sen prexuízo das atribucións doutros órganos con competencias en materia de persoal correspóndelle:

a) A xestión do persoal funcionario pertencente a corpos de Administración xeral e do persoal laboral

que presten servicios na dirección provincial e, se é o caso, nos centros de gasto dependentes dela.

b) A tramitación e xestión de nóminas de todo o persoal da dirección provincial.

c) A coordinación dos diferentes procesos informatizados da dirección.

d) A xestión do patrimonio do Sergas nos termos que se establezan.

e) Calquera outro asunto que non sexa de competencia específica dos demais servicios da dirección provincial.

3. O secretario provincial substituirá o director provincial nos casos de ausencia ou enfermidades deste.

Artigo 27º.-Servicio de Inspección e Asistencia Sanitaria.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións no seu ámbito territorial:

a) A avaliación, control e inspección da asistencia sanitaria prestada polos centros do Sergas.

b) A inspección, dos centros e servicios concertados.

c) Control e seguimento da execución da prestación farmacéutica de acordo coas directrices da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde. Para estes efectos, os inspectores farmacéuticos dependerán organicamente da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, e funcionalmente da División de Farmacia e Productos Sanitarios do Sergas.

d) A instrucción dos expedientes disciplinarios e informacións previas ó persoal facultativo e en materia de oficinas de farmacia.

e) Seguimento e avaliación dos concertos subscritos cos distintos centros e servicios non pertencentes á rede sanitaria.

f) Instruccións dos expedientes de responsabilidade patrimonial, sen prexuízo das funcións encomendadas a outras unidades.

g) Controlar e emitir informe dos reintegros de gastos ou outros derivados das prestacións asistenciais legalmente establecidas.

h) A realización de informes preceptivos en materia de saúde laboral.

i) A inspección, avaliación e informe en materia de prevención de riscos laborais, nos seus aspectos sanitarios.

j) O control da asistencia sanitaria dispensada polas entidades colaboradoras da Seguridade Social e polas mutuas aseguradoras.

k) As funcións establecidas no Decreto 126/1992, do 14 de maio, de ordenación da inspección de servicios sanitarios da Comunidade Autónoma.

l) Realiza-las correspondentes visitas de inspección co obxecto de comproba-la efectividade das medidas adoptadas pola División de Farmacia e Productos Sanitarios en relación coas alertas sobre riscos relacionados cos medicamentos e productos sanitarios.

Artigo 28º.-Servicio de Xestión Económica e Investimentos.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

a) A xestión económica das prestacións sanitarias.

b) A xestión económica e orzamentaria da dirección provincial.

c) A elaboración do anteproxecto de orzamento da dirección provincial, e as propostas de modificacións de crédito deste.

d) A tramitación administrativa dos expedientes de contratación con cargo ós seus propios orzamentos, e os expedientes de contratación que afecten a varios centros da provincia.

e) A tramitación e o control económico dos concertos e das asistencias en centros ou servicios non concertados.

f) O control e seguimento da execución das obras e, se é o caso, a participación na súa recepción.

g) A avaliación, control e seguimento dos plans de mantemento levados a cabo polos centros ou institucións sanitarias.

Artigo 29º.-Servicio de Recursos Humanos.

Correspóndelle a este servicio, sen prexuízo das atribucións doutros órganos con competencias en materia de persoal, o exercicio das seguintes funcións:

a) A xestión do persoal funcionario que preste servicios na dirección provincial e, se é o caso, nos centros de gasto dependentes dela.

b) A xestión do persoal pertencente ás clases de médicos, practicantes e matronas titulares que desempeñen as súas funcións no ámbito da atención primaria de saúde, na súa condición de persoal funcionario.

c) A avaliación, seguimento e control da xestión do persoal estatutario dependente das institucións sanitarias do Sergas radicadas na respectiva provincia.

d) A elaboración das listas para vinculacións temporais do persoal estatutario do Sergas, así como a súa xestión, agás as xestionadas polos centros de gasto.

Disposicións transitorias

Primeira.-Mentres non se nomee secretario xeral do Servicio Galego de Saúde, actuará como tal o secretario xeral da Consellería de Sanidade.

Segunda.-Mentres non se creen na Secretaría Xeral da consellería as unidades precisas para o desen

volvemento das funcións que lle corresponden na materia económica e de persoal, as ditas funcións serán exercidas respectivamente polas correspondentes unidades das divisións de Recursos Económicos e de Recursos Humanos do Sergas.

Terceira.-Cando, como consecuencia da estructura orgánica que se establece neste decreto, se modifique a denominación das distintas unidades administrativas existentes con anterioridade ou se suprima algunha das ditas unidades, autorízase o conselleiro de Sanidade para readscribi-lo persoal afectado a postos do mesmo ou inferior nivel, sempre que sexan de libre designación, ou adscribilo con carácter temporal a postos de igual ou inferior nivel se se trata de postos de provisión por concurso, ata que, neste caso, os ditos postos sexan cubertos na forma regulamentariamente establecida, sen que en ningún caso a readscrición ou adscrición supoña un cambio de residencia, todo isto sen prexuízo do disposto no artigo 62.4 da Lei da función pública de Galicia, e na Lei 9/1987, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, así como das competencias que poida ter atribuídas nesta

materia a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Cuarta.-A Consellería de Sanidade, de conformidade co disposto no artigo 15.5 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, elaborará a proposta de relación de postos de traballo resultantes da aplicación deste decreto, efectuando a súa tramitación de acordo coa normativa vixente.

Quinta.-Mantense vixente e será de aplicación a Orde do 21 de abril de 1998 (modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, mentres non sexa substituída por outra.

Sexta.-Manterase, en relación co visado de receitas e mentres non se proceda á regulación deste, a distribución actual de funcións entre a División de Farmacia e Productos Sanitarios e a Subdirección Xeral de Inspección.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados o Decreto 199/1994, do 16 de xuño; o Decreto 49/1998, do 5 de febreiro; o Decreto 128/1999, do 23 de abril (que modificou o decreto 49/1998); e o Decreto 38/2001, do 2 de febreiro (que tamén modificou o xa citado Decreto 49/1998); así como cantas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ó establecido neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A estructura orgánica que se establece neste decreto non suporá aumento de gasto.

Segunda.-Facúltase o conselleiro de Sanidade para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento deste decreto.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón.

Conselleiro de Sanidade.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE