Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución de expediente sancionador 19/2001 a Dolores Vilar López.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 19/2001, seguido en virtude de denuncia formulada por Tristán Calvo Sánchez, contra Dolores Vilar López, finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por non repoñe-las obras ilegais denunciadas ó seu estado primitivo.

O citado acordo é do seguinte teor:

«Proposta de resolución de expediente sancionador 19/2001.

Vista a denuncia presentada por Tristán Calvo Sánchez contra Dolores Vilar López como propietaria da vivenda nº 8 da rúa Concello de Cervo de Foz (Lugo) e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 6 de agosto de 2001, por Tristán Calvo Sánchez, formúlase denuncia ante esta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre a realización de obras ilegais na vivenda nº 8 da rúa Concello de Cervo de Foz, propiedade de Dolores Vilar López.

Segundo.-Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 180/2001, nas que se comprobou, mediante informe dos servicios técnicos deste instituto, a realización de obras no inmoble citado que supoñen aumento de volume respecto ó estado primitivo e a variación da configuración arquitectónica do edificio, coa apertura de ventás en espacio baixo cuberta e cambio de situación da porta de entrada á vivenda.

Terceiro.-Que con data do 13 de setembro de 2001 díctase resolución pola que se inicia expediente sancionador baixo o número 19/2001, o cal foi notificado á denunciada, a través do Diario Oficial de Galicia, con data do 22 de novembro de 2001, ó encontrarse ausente do seu domicilio.

Feito probado.

Único.-Determínase, así, como feito probado, ó non ter constancia nesta delegación da emenda das obras realizadas, que Dolores Vilar López incumpriu a obriga de adecua-las obras realizadas na vivenda en cuestión á normativa de protección oficial.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución deste expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Que os feitos relatados atópanse tipificados como infracción grave na letra e), do artigo 5, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, polo que, a teor do disposto no artigo 7 do mesmo texto legal procede impoñer unha sanción consistente nunha multa de 601,02 euros.

3. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

4. Segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación desta proposta para achega-los documentos ou informacións que consideren convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, este instructor propón:

1. Impoñer a Dolores Vilar López unha sanción de 601,02 euros de multa.

2. Que conforme o disposto no número 2, do artigo 8, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, sen prexuízo da sanción imposta, deberá realiza-las obras de reparación, a execución das cales foi requirida por este organismo na tramitación do expediente sancionador.

Notifíqueselles esta proposta ós interesados con indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderán presentar alegacións no prazo de 15 días, ó termo dos cales a Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo dictará a resolución que corresponda».

Lugo, 14 de decembro de 2001.

Francisco Centeno Márquez

Instructor