Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2002, do Servicio Provincial de Ourense, de notificación da iniciación do expediente sancionador 32.179/2001 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á sociedade mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente sancionador nº 32.179/2001, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á sociedade interesada para que no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte a esta notificación efectúen as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes, e de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle á sociedade interesada que lle queda posto de manifesto o expediente e que de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 32.179/2001.

Inculpado: Infersa Galicia, S.A.

Enderezo: Curros Enríquez, 30, 27004 Lugo.

Motivos: reclamación. Cobramento de traballos non realizados.

Data da iniciación: 21-12-2001.

Ourense, 24 de xaneiro de 2002.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial de Ourense