Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da resolución do expediente OU 058/01P e cinco máis, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza da presente resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 16 de xaneiro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

OU-060/01PAdán José Pereira FlorínR/ Calouste Gulbenkian,

nº 19-3º D, Ermesende, Valongo, Porto (Portugal)

Pescar sen licencia.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992.

Artigo 34.1º

300,51 euros.

Retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

OU-062/01PAlcino de Acevedo Cardoso

7445405

Lg. Sande, Marco de Canaveses (Portugal)Pescar sen porta-la preceptiva licencia de pesca. Consta nos ficheiros informáticos da delegación que o interesado tiña licencia caducada o día 13-4-2001 e renovada o día 16-4-2001.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992.

Artigo 33.1º

60,10 euros.

OU-058/01PJosé Manuel Nóvoa Figueiras

34938762

R/ Capitán Eloy, 15-6º A (Ourense)Pescar sen licencia.

Pescar en luns, día inhábil.

Lei pesca fluvial Galicia 7/1992.

Artigo 34.1º e 33.9º

300,51 euros.

Retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

OU-059/01PPaulo Trinta Florín

11043943

R/ Calouste Gulbenkian,

nº 19-3º D, Ermesende, Valongo, Porto (Portugal)

Pescar sen licencia.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992.

Artigo 34.1º

300,51 euros.

Retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

OU-075/01PDomingo Gutiérrez Palomo

50449984-J

R/ Alejandrina Morán,

nº 31-2º D (Madrid)

Pescar en luns, día inhábil para a pesca. Pescar con dúas canas, permanecendo unha delas a fondo, a unha distancia duns 100 metros do pescador.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992.

Artigo 33.3º e 33.9º

90,15 euros.

OU-091/01PJosé María Giménez Montoya

44453725-S

R/ Pablo Iglesias, nº 1-1º B (Ourense)Pescar estando inhabilitado para facelo por Resolución do 23 de novembro de 2000, en luns, removendo as augas con fins de pesca.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992.

Artigo 35.17º

3.005,07 euros.

Retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.