Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente OU 061/01P e cinco máis, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos expedientes sancionadores por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán

dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes remitiráselles ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 17 de xaneiro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

OU-061/01PMario Rui Nunes FlorínR/ Trazeta Pedro Nones, nº 10-3º esq., Ermesende, Valongo, Porto (Portugal)Pescar sen licencia.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992.

Artigo 34.1º

300,51 euros.

Retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

OU-108/01PDomingos Lopes Poulo

X0316722N

R/ Condes de los Gaitanes, nº 6-3º D, Ponferrada (León)Pescar con máis canas das permitidas (3) sendo sorprendido tamén os días 21-4-2001 e 1-5-2001 cometendo esta infracción.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992.

Artigo 33.4º

240,40 euros.

OU-133/01PCaín Jiménez Montoya

44458267

R/ Portobello B-2-4 (Ourense)Pescar en luns, día inhábil para a pesca.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992.

Artigo 33.9º

60,10 euros.

OU-135/01PManuel Garrido Fernández

34565448-J

R/ Baro Papón, 18-B (Ourense)Pescar con máis canas das permitidas (2).Lei pesca fluvial Galicia 7/1992.

Artigo 33.9º

60,10 euros.

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

OU-142/01PJuan Manuel Rosendo Mosquera

V-6973461

R/ General Franco, 32, Carballeda de Avia (Ourense)Pescar sen licencia.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992.

Artigo 34.1º

300,51 euros.

Retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano.

OU-144/01PJosé Barros Janeiro

35940714

Lg. Mirelles, Beariz (Ourense)Pescar en luns, día inhábil para a pesca.Lei pesca fluvial Galicia 7/1992.

Artigo 33.9º

60,10 euros.