Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co previsto no artigo 41 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, deuse conta, na sesión do Pleno do día 31 de xaneiro de 2002, do documento

de avance de planeamento, tomo 1º do Plan Xeral de Ordenación Municipal, para os efectos de proceder á súa exposición pública polo prazo dun mes, no Diario Oficial de Galicia e nun xornal, contado desde a última publicación, para suxestións, propostas ou convenios urbanísticos que se consideren procedentes; queda de manifesto nas oficinas de Urbanismo deste concello, en horario de oficina.

Tui, 4 de febreiro de 2001.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde