Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

En sesión plenaria do pasado 28 de decembro de 2001, aprobouse inicialmente o plan especial para a recuperación do poboado mineiro de Fontao, do concello de Vila de Cruces, o que se publica polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia ou no diario La Voz de Galicia, segundo o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, de solo de Galicia, durante o cal se poderá examinar e formula-las alegacións e observacións que se consideren oportunas.

Vila de Cruces, 31 de decembro de 2001.

O alcalde-presidente

Rubricado