Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO.

Aprobado con carácter inicial pola Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de novembro de 2001, o estudio de detalle de iniciativa privada presentado e promovido por José Novo López, con domicilio na avda. do Brasil, nº 51-1º dta. (Santa Comba), para o desenvolvemento da área de reparto 16 (PNC-16) do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, sito na rúa Pepe Xan Baña, s/n, Santa Comba, redactado polos arquitectos Antonio Sabucedo Costa e José Antonio Padrón Conde, faise público ó abeiro dos artigos 34 e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico.

Primeiro.-Suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición na zona delimitada polo estudio de detalle, polo prazo dun ano, aínda que a dita suspensión se extinguirá coa aprobación definitiva do estudio de detalle.

Segundo.-Sométese a información pública esta aprobación inicial para efectos de alegacións, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun xornal dos de maior tirada da provincia, durante o prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santa Comba, 7 de xaneiro de 2002.

José Toja Parajó

Alcalde-presidente