Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.906

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

CÉDULA de notificación de sentencia (283/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 283/2001, seguidos por instancia de José López López e outros contra a empresa Obras, Decoración e Instalaciones, S.L. (Odein, S.L.) e outro sobre cantidade, dictouse a sentencia que di no seu encabezamento e parte dispositiva:

«Sentencia. En Lugo o 13 de setembro de 2001. Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal número 283/2001, sobre reclamación de cantidade, no que son partes como demandantes José López López, Eugenio Touzón Castro, Avelino Feliciano López Marcos e José Antonio Rodríguez Crespo, representados polo letrado Germán Vázquez Díaz e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial (Fo

gasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Obras, Decoración e Instalaciones, S.L. (Odein, S.L.), malia estar citada en legal forma. O demandante Eugenio Touzón Castro desistiu da demanda.

Decido que estimando substancialmente a demanda deducida por José López López, Avelino Feliciano López Marcos e José Antonio Rodríguez Crespo, sobre cantidade, contra a empresa Obras, Decoración e Instalaciones, S.L. (Odein, S.L.), debo condenar e condeno a patronal a que aboe ós demandantes as sumas brutas respectivas de duascentas setenta e nove mil cincuenta e sete pesetas (279.057 pesetas), trescentas trinta e tres mil catrocentas oitenta e dúas pesetas (333.482 pesetas) e de trescentas unha mil cincocentas trece pesetas (301.513 pesetas). Tense por desistido da demanda Eugenio Touzón Castro. Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa ulterior eventual responsabilidade en caso de declaración de insolvencia empresarial.

Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, unha vez depositadas as cantidades obxecto da condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-69-nº de autos 283/01, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, desta cidade, r/ da Reina, nº 1, a cantidade obxecto da condena, podéndose substituí-la consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade

solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 25.000 pesetas, prevido para esta clase de recursos que se deberá constituír na mesma conta 2322-65-nº de autos 283/01 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado no momento de interpo-lo recurso, no caso de se-la a empresa demandada condenada quen o interpuxer, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal. Declárase a firmeza da sentencia no que fai a José López López. Así por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado. Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia pola

maxistrada que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa

data, o que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á emrpesa Obras, Decoración e Instalaciones, S.L. (Odein, S.L.) en paradoiro ignorado, expido e asino esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o 10 de xaneiro de 2002.

Rubricado