Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.905

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (498/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña fago saber que nos autos 498/2001 seguidos por instancia de Maximino Pedreira Martínez e outros contra Hércules Coruñesa de Plástico, S.L., sobre salario, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 8-1-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por Maximino Pedreira Martínez, María Cristina Pedreira

Vázquez e María Paloma Pedreira Vázquez, contra a empresa Hércules Coruñesa de Plástico, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ós demandantes nas seguintes cantidades: a Maximino Pedreira Martínez 1.809, 53 euros; a María Cristina Pedreira Vázquez 1.809,53 euros e a María Paloma Pedreira Vázquez 979,79 euros, con absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Hércules Coruñesa de Plástico, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido no Polígono Espírito Santo, r/ Bell, 53, 15660, Cambre, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 8 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado