Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.905

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (745/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos nº 745/2000, seguidos por instancia de CIG contra Correos y Telégrafos y Otros, sobre outros extremos, a maxistrada xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia con data do 17-7-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que desestimando a excepción de incompetencia de xurisdicción presentada e estimando a demanda interposta por la representación da central sindical Confederación Intersindical Galega (CIG), contra a entidade pública empresarial Correos y Telégrafos e contra Manuel Iglesias Bea, Javier Lamas Sánchez, Manuel Naya Pazos, Juan Manuel Fidalgo Abad, Alexandra Campos Vázquez, Marta del Olmo Fernández, Miguel Ángel Villasuso Pajón, Ana Belén Vázquez Ramudo, Juan Sobrino Josende, Francisco Javier Cancelo Cabezas, María Carbajales Iglesias, Zoraima del Río Rabina, Daniel Capelete Picallo, Juan Marcos Vázquez Rodríguez, Claudina de Santiago Cabodevila, Francisco Javier Castillo Pradera, Rosa Ana Facal Roca, Roberto Iglesias Vázquez, María Fernández Castaño, Manuel Varela Bello, Ana Veiga Iglesias, Cristina Pérez García, Javier Veiga Iglesias, José Ángel Rey Prieto, Pablo García Roza

montes, Jacobo Andújar Mata, José Manuel Bello Fernández, César Casado Carballal, Lucía Barral Barral, Ana María Borrajo Álvarez, Susana Menéndez Sansegundo, Marcos Merelas Iglesias, Emilio Gómez Barcia, Javier Joaquín Sigüenza García, José Manuel Núñez Moledo, Luis San Adrián Expósito, Óscar Ríos Vázquez, Raúl Castro Brito e Fernando Otero Calviño, debo declarar e declaro a nulidade dos contratos de traballo subscritos pola entidade pública empresarial Correos y Telégrafos, cos traballadores codemandados, condenando a entidade pública Correos y Telégrafos a realiza-la contratación no sucesivo conforme o acordo sobre a provisión de postos de traballo con carácter temporal, isto é, utilizando as listas de contratación e chamando o persoal pola orde de puntuación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia, cabe o recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación de esta resolución, cos requisitos esixidos en el artículo 191 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lles sirva de notificación a Manuel Iglesias Bea, Manuel Naya Pazos, Alexandra Campos Vázquez, Marta del Olmo Fernández, Miguel A. Villasuso Pajón, Ana Belén Vázquez Ramudo, Juan Sobrino Josende, Francisco J. Cancelo Cabezas, María Carbajales Iglesias, Zoraima del Río Rabina, Juan M. Vázquez Rodríguez, Claudina de Santiago Cabodevila, Francisco J. Castillo Pradera, Rosa Ana Facal Roca, Roberto Iglesias Vázquez, María Fernández Castaño, Ana Veiga Iglesias, Cristina Pérez García, Javier Veiga Iglesias, César Casado Carballal, José M. Núñez Moledo, Luis San Adrián Expósito, Óscar Ríos Vázquez e Raúl Castro Brito, que tiveron o seu último enderezo coñecido en r/ Alcalde Casas s/n, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o dous de xaneiro de dous mil dous.

Rubricado