Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.893

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de hospitalización e internamento.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de hospitalización e internamento, con nº de código 3600755, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-1-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Sanatorios e Clínicas Privadas de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais UGT e CIG, en data 28-12-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación

ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de xaneiro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial para o sector

de hospitalización e internamento

da provincia de Pontevedra

Artículo 1º.-Ámbito de aplicación.

As normas deste convenio rexerán en todo o territorio da provincia de Pontevedra.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Para os efectos previstos no artigo anterior, regula as relacións de traballo entre as empresas ou establecementos sanitarios destinados á hospitalización, asistencia, consulta e laboratorios de análises clínicas, sexa cal fose a norma adoptada tanto na súa constitución coma no seu nome, e o persoal que neles preste os seus servicios e está comprendido no campo de aplicación da ordenanza laboral de hospitalización, consulta e asistencia, aprobada por Orde ministerial do 25 de novembro de 1976.

Artigo 3º.-Duración e vixencia.

O presente convenio terá unha duración de dous anos contados desde o 1 de xaneiro de 2001, finalizando os seus efectos o 31 de decembro de 2002.

Entrará en vigor ós quince días da sinatura, se ben os efectos económicos dos salarios pactados para o primeiro ano se retrotraerán ó 1 de xaneiro de 2001.

Entenderase prorrogado por períodos anuais, salvo denuncia por unha das partes, cunha antelación mínima de tres meses á data do seu vencemento.

Artigo 4º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, poderán ser compensadas nas xa existentes no momento da súa entrada en vigor. En caso de que isto supoña conxelación salarial, aboaráselle-lo 50% do incremento pactado a aqueles traballadores que se encontren nesta situación. En todo caso, serán compensables as gratificacións voluntarias concedidas polas empresas a título persoal.

Non poderá ser absorbido ningún complemento salarial que figure no recibo oficial de salarios.

Así mesmo, poderán ser absorbidos por calquera outra condición superior que, fixada por disposición legal, convenio colectivo, etc., puidese aplicarse no sucesivo.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas estrictamente ad personam aquelas condicións máis beneficiosas que teña o traballador concedidas pola empresa, por pacto ou costume.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

Todo o persoal afectado por este convenio observará o disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais ó respecto.

A xornada anual será de 1.805 horas de traballo efectivo en 2001 e de 1.791 horas de traballo efectivo en 2002. Cando a súa distribución supoña a superación das 40 horas semanais, o control e cómputo da xornada verificarase trimestralmente en termos de media. Cando por razóns obxectivas sexa necesario, as partes negociarán outros sistemas de cómputo e control, respectándose en todo caso o tempo máximo anual mencionado.

Artigo 7º.-Horas extraordinarias.

Procurarase efectua-las horas mínimas extras indispensables e, en todo caso, cos límites que determina o Estatuto dos traballadores.

En cada empresa, empresario e traballadores poderán pactar que as horas extraordinarias se aboen na contía determinada na lexislación laboral vixente ou a súa compensación por tempo de descanso, de acordo co previsto no Real decreto 2001/1983.

Artigo 8º.-Remuneracións.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, rexerase para os anos da súa vixencia, polas táboas salariais anexas, que supoñen un incremento dun 3,75% para 2001 e dun 2% para o 2002.

En caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), establecido polo INE, rexistrase a 31 de decembro de 2002 respecto do 31 de decembro de 2001, un incremento superior ó 2%, efectuarase unha revisión da táboa salarial, tan pronto se constate oficialmente esta circunstancia no exceso sobre a indicada cifra. Esta revisión efectuarase con efectos do 1 de xaneiro de 2002.

Artigo 9º.-Compensación pola supresión da antigüidade.

As partes asinantes do presente convenio acordaron en 1999 a supresión definitiva do concepto e tratamento do complemento persoal de antigüidade, tanto nos seus aspectos normativos como retributivos.

Como consecuencia deste acordo asumiron, así mesmo, ámbalas partes e como contrapartida, os seguintes compromisos:

1. Os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito, polo complemento persoal de antigüidade, a 30 de xuño de 1997. Estes importes manteranse como un complemento retributivo ad personam, extinguíndose xuntamente coa extinción do contrato do traballador afectado coa

súa empresa. Este complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

2. Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos termos citados aplicarase:

a) A todo o persoal afectado por este convenio que adquirise o dereito o 30 de xuño de 1997 a percibir un premio de antigüidade de acordo coas condicións do anterior convenio, un incremento lineal de 20.000 pesetas ó mes, para tódolos niveis profesionais das táboas salariais. Este incremento distribuirase en 5 anos da seguinte forma:

Ano 1998: 3.000 pesetas ó mes.

Ano 1999: 3.000 pesetas ó mes.

Ano 2000: 4.000 pesetas ó mes.

Ano 2001: 5.000 pesetas ó mes.

Ano 2002: 5.000 pesetas ó mes.

b) A todo o persoal afectado por este convenio, con contrato fixo antes do 30 de xuño de 1997, e que ata esta data non adquirisen o dereito a percibir un premio de antigüidade de acordo coas condicións do anterior convenio, un incremento lineal de 10.000 pesetas ó mes para tódolos niveis profesionais das táboas salariais. Este incremento distribuirase en 5 anos da seguinte forma:

Ano 1998: 1.500 pesetas ó mes.

Ano 1999: 1.500 pesetas ó mes.

Ano 2000: 2.000 pesetas ó mes.

Ano 2001: 2.500 pesetas ó mes.

Ano 2002: 2.500 pesetas ó mes.

Ademais, terán dereito a recibi-lo importe equivalente á parte proporcional da antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada á data de 30 de xuño de 1997, e que terá a consideración de antigüidade consolidada de acordo coa letra (a) deste mesmo artigo.

c) A todo o persoal afectado por este convenio, que antes do 30 de xuño de 1997 estivese ocupando un posto de traballo, baixo unha modalidade contractual temporal e ó que posteriormente se lle transformase o contrato en fixo, un incremento lineal de 10.000 pesetas ó mes para tódolos niveis profesionais das táboas salariais. Este incremento distribuirase en 5 anos da seguinte forma:

Ano 1998: 1.500 pesetas ó mes.

Ano 1999: 1.500 pesetas ó mes.

Ano 2000: 2.000 pesetas ó mes.

Ano 2001: 2.500 pesetas ó mes.

Ano 2002: 2.500 pesetas ó mes.

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal consistirán, cada unha delas, nunha mensualidade do salario base, incrementado coa antigüidade recoñecida.

Artigo 11º.-Complemento de postos de traballo, complemento de toxicidade.

En razón da maior especialidade, toxicidade, perigosidade ou penosidade, establécese un complemento retributivo, equivalente a un 20% sobre o salario base do convenio, en favor do persoal sanitario dos grupos I, II e III que establece a ordenanza laboral, o cal desempeña posto de traballo nalgunha das seguintes seccións ou departamentos: quirófanos, radioterapia, radioelectroloxía, medicina nuclear, laboratorio de análises, unidades de coidados intensivos, psiquiatría, ril artificial, bacterioloxía ou pavillón de enfermidades infecto-contaxiosas.

Artigo 12º.-Complemento de nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade na contía do 25% sobre o salario base de cada traballador, o cal se percibirá sobre as horas traballadas de noite, entendéndose ó respecto como xornada nocturna a comprendida entre as 22 e as 8 horas.

Artigo 13º.-Complemento de posto de traballo.

Tódolos traballadores que presten servicios en centros hospitalarios cun número de camas superior a 300, percibirán un complemento de traballo de 9.000 pesetas mensuais, que se aboarán igualmente nas pagas extraordinarias de xullo e Nadal.

Así mesmo, establécese un complemento de 2.500 pesetas mensuais para a categoría de auxiliar de axuda a domicilio.

Artigo 14º.-Complemento de transporte.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a un complemento de transporte que consistirá nas seguintes contías:

-Xornada continua: 6.500 pesetas por mes efectivo de traballo.

-Xornada partida: 9.000 pesetas por mes efectivo de traballo.

Artigo 15º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio terá dereito a un período de vacacións anuais dun mes natural de vacacións retribuídas. No caso de que non desfrutasen este período de forma continuada, terán dereito a 30 días naturais.

As vacacións desfrutaranse preferentemente durante o período de maio a setembro (ambos inclusive).

En cada empresa establecerase unha orde rotativa de preferencia, de tal forma que un traballador que un ano foi o primeiro á hora de elixir quenda, pasa a se-lo último no ano seguinte.

Artigo 16º.-Licencias e permisos.

Os permisos retribuídos a que teñen dereito os traballadores serán os seguintes:

1. No caso de falecemento de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade e afinidade, e parellas de feito debidamente documentadas, esta

blécese en función do lugar no que ocorra o óbito: 3 días se ocorre na localidade ou na provincia de Pontevedra, 4 fóra da provincia de Pontevedra e 5 fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. En caso de enfermidade grave, debidamente acreditada, das persoas do número anterior, tanto parentes como as parellas de feito debidamente documentadas, en función do lugar en que suceda o feito: 3 días se ocorre dentro da Comunidade Autónoma de Galicia e 5 días se sucede fóra.

3. En caso de intervención cirúrxica das persoas do número (1), coa debida xustificación, en función do tipo de intervención: un día en caso de intervención con anestesia local, e dous días por intervención con anestesia xeral e epidural.

4. Por matrimonio, 15 días naturais.

5. Por razón de parto de esposa, 3 días naturais.

6. Por cambio de domicilio, 2 días naturais.

Estes permisos serán retribuídos e en ningún caso poderán ser descontados das vacacións correspondentes nin concedidas recentemente.

Artigo 17º.-Aviso previo para o peche.

Aplicarase o que establece a ordenanza aplicable e o Estatuto dos traballadores.

Artigo 18º.-Excedencias.

a) Excedencia maternal: os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data do nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, de se-lo caso, porá fin ó que viñesen desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

Os traballadores terán, neste caso, dereito á reincorporación ó posto de traballo reservado, sempre que o soliciten cunha atención de 30 días á finalización da excedencia.

b) Excedencia voluntaria: a empresa estará obrigada a conceder a todo o persoal fixo que o solicite e leve na empresa o tempo mínimo de dous anos de servicio, a excedencia voluntaria, a cal terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos, quedando a empresa obrigada a reserva-lo posto de traballo durante un máximo de trece meses. Solicitado o reingreso, de non ter posto vacante, a empresa comprométese a contrata-lo traballador en excedencia cada vez que necesite contratar algún traballador.

Artigo 19º.-Permiso oficial non retribuído.

A empresa concederalles un permiso non retribuído ata un máximo de 7 días ó ano, a aqueles traballadores que o soliciten por escrito xustificadamente, cunha antelación polo menos dunha semana.

Artigo 20º.-Incapacidade laboral transitoria.

As empresas complementarán ata o 100% do salario as prestacións económicas derivadas de accidente laboral.

Artigo 21º.-Revisións médicas.

A todo o persoal afectado por este convenio efectuaráselle un recoñecemento médico anual obrigatoriamente e unha revisión xinecolóxica voluntaria cada seis meses ó persoal feminino, logo de negociación, en ambos casos, entre o comité de empresa ou delegados de persoal e a dirección do centro para a elección do lugar en que se deba realiza-la revisión indicada. Esta revisión inclúe a obrigatoriedade de lle realizar ó persoal en radioloxía as probas específicas legalmente establecidas para eles.

Artigo 22º.-Xubilación.

As empresas e traballadores poderán pactar, logo de común acordo por ambas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xulio, debendo as empresas substituílos simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 23º.-Formación e promoción profesional.

As empresas facilitarán os medios e colaboración na formación e promoción profesional do persoal afecto ós seus centros, dentro das súas dispoñibilidades e fóra das horas de traballo.

Artigo 24º.-Contrato por acumulación de tarefas.

Segundo o establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores (modificado polo Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio), os contratos de duración determinada, por circunstancias de mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, poderán ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

Artigo 25º.-Período de proba.

De acordo co establecido no artigo 14 do Estatuto dos traballadores, o período de proba non poderá exceder de 6 meses para os técnicos titulados e 2 meses para o resto de traballadores.

Artigo 26º.-Dereito de reunión.

Fíxase un tempo de 12 horas retribuídas ó ano para a realización de asembleas, comprometéndose os representantes legais dos traballadores a garanti-lo funcionamento dos servicios imprescindibles, os cales serán determinados entre estes e a dirección.

Deberán observarse as normas previstas no Estatuto dos traballadores e concretamente as que se indican a continuación.

De conformidade co disposto no artigo 4 desta lei, os traballadores dunha mesma empresa ou centro de traballo teñen dereito a reunirse en asemblea.

A asemblea poderá ser convocada polos delegados de persoal, o comité de empresa ou centro de traballo, ou por un número de traballadores non inferior ó

33% do cadro de persoal. A asemblea será presidida, en todo caso, polo comité de empresa ou polos delegados de persoal mancomunadamente, que serán responsables do seu normal desenvolvemento, así como da presencia na asemblea de persoas non pertencentes á empresa. Só poderán tratarse nela de asuntos que figuren previamente incluídos na orde do día. A presidencia comunicaralle ó empresario a convocatoria e os nomes das persoas non pertencentes á empresa que vaian asistir á asemblea e acordará con este as medidas oportunas para evitar prexuízos na actividade normal da empresa.

Cando por traballarse en quendas por insuficiencia dos locais ou por calquera outra circunstancia non poida reunirse simultaneamente todo o cadro de persoal, sen prexuízo ou alteración no normal desenvolvemento da producción, as diversas reunións parciais que teñen que realizarse consideraranse como unha soa e datadas no día da primeira.

O lugar de reunión será o centro de traballo, se as súas condicións o permiten.

O empresario deberá facilita-lo centro de traballo para a realizción da asemblea, salvo nos seguintes casos:

(1) Se non se cumpren as disposicións desta lei.

(2) Se transcorresen menos de dous meses desde a última reunión realizada.

(3) Se aínda non se resarcise ou afianzase o resarcimento polos danos producidos en alteracións ocorridas nalgunha reunión anterior.

(4) Peche legal da empresa.

As reunións informativas sobre convenios colectivos que lles sexan de aplicación non estarán afectadas pola letra (b).

A convocatoria, con expresión da orde do día proposta polos convocantes, comunicaráselle ó empresario con corenta e oito horas de antelación, como mínimo, e este deberá xustifica-la recepción.

Cando se someta á asemblea por parte dos convocantes a adopción de acordos que afecten ó conxunto dos traballadores, requirirase para a validez daqueles o voto favorable persoal, libre, directo e secreto, incluído o voto por correo, da metade máis un dos traballadores da empresa ou centro de traballo.

Nas empresas ou centros de traballo, sempre que as súas características o permitan, porán á disposición dos delegados de persoal ou do comité de empresa un local adecuado no que poidan desenvolve-las súas actividades e comunicarse cos traballadores, así como un ou varios taboleiros de anuncios. As posibles discrepancias serán resoltas pola autoridade laboral, logo de informe da Inspección de Traballo.

Artigo 27º.-Cota sindical.

Por requirimento dos traballadores afiliados a algunha das centrais sindicais asinantes, as empre

sas descontarán na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a central sindical á que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente da Caixa de Aforros ou entidade bancaria á que debe ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, salvo indicación en contrario do traballador, durante períodos dun ano.

Artigo 28º.-Acumulación de horas sindicais.

Os delegados de persoal ou membros do comité de empresa disporán do crédito de horas mensuais retribuídas determinadas pola lei, nas empresas estableceranse pactos ou sistemas de acumulación de horas dos distintos representantes legais dos traballadores, nun ou varios dos compoñentes, sen supera-lo máximo total que determina a lei.

Artigo 29º.-Roupas de traballo.

As empresas facilitaranlles anualmente ós traballadores a roupa e o calzado sanitario necesario de traballo, coa obriga do seu lavado pola propia empresa.

Artigo 30º.-Comisión paritaria.

Créase a comisión paritaria de convenio, que terá as funcións e fins regulados pola normativa vixente, a cal estará presidida polo presidente da comisión deliberadora e estará composta por igual número de vocais representativos dos traballadores e técnicos por unha parte e de empresarios por outra. A designación concreta destes recaerá sobre as mesmas persoas e en igual número de vocais titulares que foron nomeados para a negociación deste convenio.

Artigo 31º.-Cláusula de desvinculación.

As porcentaxes de incremento salarial establecidas no convenio poderán non aplicarse para aquelas empresas que acrediten obxectiva e de forma que faga fe a súa situación de déficit ou perdas mantidas nos exercicios contables oficiais dos dous últimos anos, téndose en conta as previsións para o seguinte exercicio.

Nestes casos a empresa trasladará ós representantes dos traballadores e á comisión paritaria a proposta de fixación do aumento salarial. Para valorar esta situación teranse en conta circunstancias tales como o insuficiente nivel de facturación ou a perda incontrovertible de clientela, e atenderanse os datos que resulten da contabilidade das empresas, dos seus balances e das súas contas de resultados. De producirse acordo entre a empresa e a representación dos traballadores, este deberá ser comunicado á comisión paritaria. Este acordo deberá incluí-los seguintes requisitos:

-Que se manteña o nivel de emprego.

-Que os incrementos futuros se apliquen sempre sobre o convenio e non sobre os novos salarios da empresa.

-Non prolonga-la desvinculación por máis dun ano, renovable por outro máis sempre e cando houbese acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores.

En caso de discrepancia poderán utilizarse informes de auditores ou censores xurados de contas atendendo ás circunstancias e dimensións das empresas. O custo que supoña será aboado pola parte que o solicite.

A determinación, de se-lo caso, das novas condicións salariais producirase mediante acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores ou delegados sindicais, estando obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos ós que tiveron acceso como consecuencia do establecido na presente cláusula, observándose respecto de todo isto sixilo profesional. Naquelas empresas que non teñan elixidos representantes dos traballadores, a negociación efectuarase no seo da comisión paritaria.

Artigo 32º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio aplicarase o que dispón a ordenanza laboral de hospitalización, consulta e asistencia, Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de xeral aplicación.

Artigo 33º.-Partes asinantes.

Son partes sinaturantes deste convenio as centrais sindicais CIG (Confederación Intersindical Galega) e UGT (Unión Xeral de Traballadores) en representación dos traballadores, e a Asociación Provincial de Empresarios de Sanatorios e Clínicas da provincia de Pontevedra, en representación dos empresarios do sector.

Táboas de salarios para 2001 e 2002

Categorías

2001 (incremento 3,75% s/2000)2002 (incremento

2% s/2001)

EurosPesetasEurosPesetas

* Persoal técnico sanitario
Director técnico908,33151.133926,50154.156
Xefe de servicios825,91137.420842,43140.168
Médico xefe de sección ou adxunto819,91136.422836,31139.150
Médico interno785,73130.734801,44133.348
Farmacéutico, psicólogo785,73130.734801,44133.348
Fisioterapeuta, logopeda718,83119.604733,21121.996
Axudante técnico sanitario/DUE692,60115.239706,45117.543
Asistente social692,60115.239706,45117.543
Xefe de enfermería785,73130.734801,44133.348
Auxiliares sanitarios especializados,

coidadores de centros especiais

635,80105.788648,52107.904

* Persoal subalterno sanitario
Coidadores, sanitarios, auxiliares

clínica

609,56101.422621,75103.450

* Persoal de cociña
Xefe de cociña663,18110.344676,45112.551
Cociñeiro de primeira641,75106.778654,59108.914
Cociñeiro de segunda616,93102.649629,27104.702
Axudante de cociña594,1898.864606,07100.841
Xefe de economato627,65104.432640,20106.521
Reposteiro618,89102.975631,27105.035
Fregador/a586,7697.628598,4999.580
Axudante de economato586,7697.628598,4999.580

* Persoal de servicios xerais
Encargada616,93102.649629,27104.702
Subencargada616,93102.649629,27104.702
Auxiliar de axuda a domicilio (*)609,56101.422621,75103.450
Pasadora de ferro, costureira,

lavandeira

586,7697.628598,4999.580
Limpadora586,7697.628598,4999.580

Categorías

2001 (incremento 3,75% s/2000)2002 (incremento

2% s/2001)

EurosPesetasEurosPesetas

* Persoal de servicios varios
Fotógrafo, electricista, conductor,

mecánico, xardineiro, albanel,

pintor, carpinteiro

653,07108.662666,14110.836
Peón de xardinería, albanel, etc.586,7697.628598,4999.580
Conserxe616,93102.649629,27104.702
Porteiro586,7697.628598,4999.580
Telefonista596,5099.249608,43101.234

* Persoal administrativo
Administrador622,28103.538634,72105.609
Xefe de contabilidade622,28103.538634,72105.609
Oficial administrativo617,61102.762629,96104.817
Técnico documentación sanitaria617,61102.762629,96104.817
Auxiliar administrativo586,7697.628598,4999.580

* Persoal de pisos
Camareiras594,8098.966606,70100.946

(*) Funcións recollidas na Orde do 22 de xullo de 1996 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA