Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da rúa Pedro Alvarado (expediente 4319/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 22 de novembro de 2001, acordou:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Pedro Alvarado e do Camiño

de Maceiras (Teis-acceso a Vulcano), redactado pola Oficina Municipal de Actuacións Viarias e asinado polo enxeñeiro Santiago López Fontán (expediente 4319/401).

Segundo.-Notifica-lo contido íntegro deste acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, xunto cunha copia do proxecto de urbanización.

Terceiro.-Somete-lo presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como mediante notificación individualizada do contido íntegro do acordo ós propietarios incluídos no ámbito do proxecto de urbanización.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación. O expediente esta á disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 7 de xaneiro de 2002.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo