Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello, en sesión do 31 de xaneiro de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do sector A 2 de San Cibrao das Viñas, conforme o acordo que, transcrito literalmente, di:

Primeiro.-Estimar parcialmente as alegacións subscritas por Vicente Luis Novoa González de acordo co especificado no informe técnico subscrito polo arquitecto municipal con data do 31 de xullo de 2001, que consta no expediente.

Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do sector A 2 de San Cibrao das Viñas, redactado polo arquitecto Miguel Pérez Moreiras a iniciativa de MAP, S.L. cun orzamento de execución material que ascende á cantidade de 63.368,55 A (105.536.393 pesetas), condicionado ó cumprimento na execución das obras das condicións impostas polas empresas subministradoras dos servicios de enerxía eléctrica, abastecemento de auga e saneamento municipal, así como ó trazado do novo acceso á estrada Ponte Sevilla-Celanova desde a CN-525, de acordo co proxecto informado favorablemente pola Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento e á consignación da garantía por importe de 38.021,13 A (6.326.184 pesetas), para responder da execución das obras.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes contado desde a mesma data.

San Cibrao das Viñas, 5 de febreiro de 2002.

A alcaldesa

Rubricado