Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, na sesión do 31 de xaneiro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do sector C-zona 1, do polígono industrial de San Cibrao das Viñas redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas cun orzamento de execución material que ascende á cantidade de 3.667.579,47 A, coas modificacións introducidas, quedando condicionada a aprobación á presentación da garantía complementaria para a execución das obras na cantidade de 106.463,48 A.

Segundo.-Continua-lo procedemento establecido na Lei 1/1997, do solo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

San Cibrao das Viñas, 5 de febreiro de 2002.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa