Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (14/1999).

Asunto: aprobación definitiva do proxecto de compensación. Texto final presentado pola xunta de compensación SRAU Altamira-A Zapateira.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 1 de febreiro de 2002, adoptou o seguinte acordo:

«1. Aproba-lo proxecto de compensación. Texto final. Xunta de compensación en SRAU Altamira-A Zapateira. Documento para aprobación definitiva: xaneiro-2002.

2. Aproba-la compensación económica do 10% do aproveitamento de cesión, que ascende a 33.062.339 pesetas, 198.708,65 euros, ó que se engadirá o 16% en concepto de IVE, 5.289.974 pesetas, 31.793,38 euros, o que fai un total de 38.352.313 pesetas, 230.502,04 euros. O seu ingreso será requisito de eficacia xurídica deste acordo.

3. Dilixenciar planos e documentos.

4. Notificarlles este acordo a tódolos interesados.

5. A eficacia xurídica deste acordo queda condicionada ó efectivo ingreso da valoración do 10% do aproveitamento de cesión, así como á culminación do expediente de expropiación do solo destinado a sistema xeral que posibilita a súa adquisición por esta Administración (artigo 104 LSG).

6. Outorgar recursos».

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun

mes e, contra a súa desestimación, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa e, noutro caso, no de seis meses contado a partir da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

Así mesmo, faise público para os efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, polo que se aproban as normas complementarias ó regulamento para a execución da Lei hipotecaria sobre inscrición no Rexistro da Propiedade de actos de natureza urbanística, en relación co artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os interesados de que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña, 18, entre as 12 e as 13.30 horas, de luns a venres, durante o prazo de 20 días a partir da publicación do acordo que se cita, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 5 de febreiro de 2002.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo