Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (4/2002 (PRY XPR)).

A Alcaldía Presidencia, con data do 29 de xaneiro de 2002, dictou a seguinte resolución:

«1. Aprobar inicialmente, polo procedemento de taxación conxunta, o proxecto de expropiación da parcela destinada a sistema xeral adscrito ó Plan parcial na Zapateira, promovido por Promociones O'Carón.

2. Somete-lo expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións pertinentes».

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os posibles interesados de que a consulta do expediente se poderá facer nas oficinas de xestión do Servicio de Urbanismo, de luns a venres, entre as 12 e as 14 horas. Así mesmo, ponse de manifesto a conveniencia de presentar títulos de propiedade, certificación rexistral e demais documentos que xustifiquen a titularidade da parcela e dereitos afectados.

Titular catastral da parcela: Jesús Aldao Pan.

Referencia catastral: 159000000001400318ST.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2002.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo