Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA BAÑA

ANUNCIO de información pública.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión do día 24 de novembro de 2001, o Plan Xeral de Ordenación Urbana, redactado por Estudio Técnico Galego, S.A., sométese a información pública

por prazo dun mes contado a partir da última inserción deste anuncio no BOP e no DOG, durante o cal poderá ser examinado por calquera persoa física ou xurídica nas oficinas do concello, en horario de oficina, para formula-las alegacións e observacións que se consideren pertinentes.

Nas áreas que se determinan a continuación, queda suspendido o outorgamento da licencia, polo prazo máximo dun ano, por canto as novas determinacións do plan supoñen modificación do réxime urbanístico vixente.

Estas áreas son:

-Solo non urbanizable de protección agrícola, gandería e forestal, de monte alto e de ríos e regatos.

-As parcelas non clasificadas como núcleo rural no planeamento en tramitación dos solos non urbanizables de tolerancia e de núcleo rural.

-Nos solos urbanos de Ordoeste, Barcala, O Seilán e Duomes.

-Nos solos urbanos de San Vicenzo distínguense tres supostos:

1. Zona residencial B (ZRB) naquelas zonas de planeamento en vigor, coincidentes coas clasificadas como vivenda unifamiliar illada no planeamento en tramitación, para a concesión de licencias deberán cumpri-los parámetros máis restrictivos de cada unha das ordenanzas mencionadas. Naquelas zonas clasificadas de calquera outra forma no planeamento en tramitación suspenderanse licencias.

2. Zona residencial A (ZRA): naquelas zonas do planeamento en vigor, coincidentes coas clasificadas como vivenda unifamiliar illada ou acorazada no planeamento en tramitación, suspenderanse licencias de vivenda colectiva, debendo adaptarse as vivendas unifamiliares ós parámetros máis restrictivos de cada unha das ordenanzas, en tramitación e en vigor.

3. Zona de conservación (C): suspenderanse as licencias por cambio de réxime.

A Baña, 14 de decembro de 2001.

José Andrés García Cardeso

Alcalde