Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.E. V-D PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón (expediente 4303/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 18 de xaneiro de 2002, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución V-D do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón, presentado pola comunidade de bens Bardelas y Álvarez, S.L., Manuel González González e José Simón Viéitez, propietarios únicos en pro indiviso, que desenvolve as previsións contidas no estudio de detalle da mencionada unidade (expte. 6202/411), aprobado definitivamente o 28 de xuño de 2001.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 28 de xaneiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo